REMATA O VINDEIRO UN DE SETEMBRO.
Faláronos moi ben da exposición de ANA SILVA que está a piques de rematar en ExpoSalnés no Paseo da Calzada, e trasladámonos o lugar e realmente fomos testemuñas
do ben que pinta esta muller. A exposición titulase “XENTE DE AQUÍ E DE ACOLÁ” e ten a súa explicación o ver a exposición.
do ben que pinta esta muller. A exposición titulase “XENTE DE AQUÍ E DE ACOLÁ” e ten a súa explicación o ver a exposición.
ANA SILVA CHAVES, e unha elegante “moza” filla de cambadeses, os seus apelidos a delatan, que reside en Pamplona, aínda que tamén ten casa da súa propiedade en Cambados. A exposicións consta de escenas típicas galegas e escenas dos San Fermíns, moi ben tratadas e notándose que a nosa “paisana” e profunda coñecedora tanto das nosas costumes, pois pasaba todos os veráns cos seus pais na casa do seu abó no Brexo, como da festa mais gran do Mundo o San Fermín. A súa pintura pódese catalogar como realista e chamounos a atención sobre todos os cadros, o dos Danzantes de Cobas bailando na Pastora, sen desmerecer para nada os demais, plasma como ningún a famosa procesión da romeria da Pastora.
Os que non viches a exposición aconsellámosvos un paseo pola mesma, pois aínda está ate o vindeiro un de setembro, o horario de visita é de luns a domingo polas mañás de 10.30 a 14 horas e polas tardes de 16.30 a 19.30 horas. Non vos ides arrepentir.
Para situar un pouco a mocidade de Cambados, dicir que Ana Silva ven sendo tia de Javi Pamplona.
Para situar un pouco a mocidade de Cambados, dicir que Ana Silva ven sendo tia de Javi Pamplona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario