LUIS ARAGUNDE TAMÉN OS ABANDONA A SÚA SORTE, DESPOIS DE MENTIR EN SEDE PLENARIA.
Tralo último encontro coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral, Juan Maneiro (que xa contamos neste blog) , os representantes dos afectados pola regularización de embarcacións xa advertiran que cambiarían de estratexia de diálogo e negociación.
Dito e feito, a finais desta semana mobilizaranse para esixir un cambio nun reglamento que considera inxusto e unha procura de solucións por parte das administracións competentes.Ata o momento non quixeron revelar en que consistirán estas protestas nin tampouco o lugar porque queren xogar co factor sorpresa. Pero xa dispoñen dun calendario de protestas fixado durante unha reunión que mantiveron co sector fai uns días.O problema da regularización agravouse nos últimos meses. E é que fontes da plataforma aseguran que moitos marineros, ao redor de cen, xa recibiron o aviso de Capitanía Marítima no que lles advirten que non poderán seguir despachando e a outros lles dan un prazo de 30 días para regularizalo. Algo que xa puxeron en coñecemento da Consellería do Mar durante o último encontro e que asegura, tanto a conselleira como o secretario xeral mostráronse desconocedores. Doutra banda, xa sacaron á luz presiones recibidas por parte de empresas privadas que se dedican á venda de cabalos para embarcacións a través de chamadas telefónicas a varios marineros. Outro asunto que xa puxeron en coñecemento tamén da Consellería do Mar durante a última cita.
A todo esto Luis Aragunde do prometido a este sector en sede plenaria nada de nada, o que decimos sempre, Luis é un mestre da mentira.
Nova recollida de MARISQUEO A FLOTE DE CAMBADOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario