6 de ago. de 2013

A PERIODISTA CAMBADESA IRENE CACABELOS ENTRE OS 50 PERIODISTAS MAIS INFLUINTES DE ESPAÑA.

DANLLE A NOVA O MESMO DÍA QUE SE ANOTA NAS LISTAS DO PARO.
Hai paradoxas na vida que nunca entenderemos e esta é unha delas, unha páxina especializada en este tipo de circunstancias, ven de publicar que a nosa querida paisana
Irene Cacabelos, precisamente o mesmo día que se anotaba nas listas do paro viña de ser considerada como unha das 50 periodistas mais influintes a nivel estatal. Un ranquing realizado en www.canectan.net e que xa se teñen publicado en medios tan prestixiosos como El Mundo, El Pais, La Vanguardia, Agencia Efe, Eropapress, Informativos Telecinco, así como en prensa en Latinoamerica. A lista encabeza Ana Pastor, a primeira galega era Julia Otero . Precisamente estes día Irene Cacabelos estuvo gozando na compaña duns amigos no Albariño 2013, tivemos ocasión de saudala e desexarlle sorte.
Irene Cacabelos é  Master de Xornalismo en Radio e TV - Escola CES (2004) / Premio Xornalismo e RSC - Novartis e Forética/ Licenciatura en Pedagoxia pola Universidade de Santiago de Compostela ( 2001) 
Facia oito anos e medio que empezou a traballar en Interconomia.Primeiro como becaria nos
Neste Albariño con amigos
servizos informativos de Radio Intereconomía. Unha etapa que lembra con especial agarimo...a primeira crónica, o primeiro directo, a primeira roda de prensa..cada día era un reto e un paso cara a adiante. O salto á televisión non foi fácil . Sobre todo porque a radio apórtache ese punto de independencia e de inmediatez que na tele nunca é posible. Cinco anos despois do seu comeanzo a nostalxia desapareceu dando paso á satisfacción por ser parte dese proxecto case en pañales que era Intereconomía televisión.
Con esta tele naceu  e medrou  como profesional e vela crecer ano tras ano foi realmente apaixonante para Irene . Desde o principio estivo  ligada a un mesmo proxecto: os
informativos. Primeiro como copresentadora do Crónica 2 despois en solitario en Crónica 1 e máis tarde en compañía de Manuel Gómez .Estivo formando parte do equipo do Telediario de Intereconomía . Un proxecto cargado de ilusión que supuxo un punto e aparte no xeito de contar o que pasa a todos aqueles que nos elixian Intereconomia  para informarse. O seu derradeiro proxecto na cadea foi un programa matinal chamado “Buenos Dias Intereconomia”, Irene tiña que levantarse as tres da mañá todos os dias para facer este programa.


Ningún comentario: