6 de ago. de 2013

XVI CONCENTRACIÓN MOTOS VELLAS DO SALNÉS

SERÁ OS DÍA 10 E 11 DE AGOSTO
Xa está prácticamente rematada a programación para a XVI Concentración de Motos Vellas
do Salnés que este ano será os día once e doce de agosto. Nesta ocasión celebran  unha scooterada o sábado 10 de agosto pola tarde. Será unha ruta desde Cambados ata Caldas de Reis, tomando un pincho e regreso a Cambados. Esta ruta bautizouse como ScooteRafa, en honor a Rafa Branco. Lembran  que estarán ás 16:00 na Praza de Fefiñáns para saír as 17:00 (pregan puntualidade.). 
Doutra banda, o domingo 11 de agosto, a concentración é  na Praza de Fefiñáns, 
A continuación faran unha pequena ruta ata o Monasterio de Armenteira, onde farán unha pequena parada, para poder visitar a zona. 
Continuarán a marcha pasando por estradas cunha fabulosas vistas a ría de Pontevedra, pasando por estradas de interior de Sanxenxo, continuando logo polo paseo de Silgar. 
Para a continuación parar no Asador A Ferreira a descansar e tomar un aperitivo 
Logo deste descanso, seguiran por estradas de interior (bo asfalto e boas curvas), para dirixirse de novo a Cambados onde pararán en Fefiñáns, a encher de novo, antes de ir comer a un restaurante da zona. 
Haberá agasallos, sorteos e bo ambiente como sempre; ademais algunha sorpresiña máis que irean desvelando no seu blog http://motosvellasdosalnes.blogspot.com.es 
Se queres participar e inscribirte preme AQUÍ.





Ningún comentario: