5 de ago. de 2013

A PRENSA DO REXIME IGNORA OS ABUCHEOS AS AUTORIDADES

FEIJOO, LOUZÁN E O CONSELLEIRO DE FACENDA EVITAN OS ABUCHEOS ENTRANDO DIRECTAMENTE NO PAZO DE FEFIÑANS.
Ainda que nos doa dicilo, porque sabemos que hai moi bos profesionais  traballando en Arousa, temos que dicir que os seus xefes e pseudoperiodistas de Cambados  que si en cambio levan titulares como o de “chochito” a nivel estatal,  obvian novas do calibre dos abucheos as autoridades que cada ano se ven facendo no desfile das confrarias e autoridades dende o
concello de Cambados hacia o Pazo de Fefiñans (ao menos nas súas edicións dixitais). Este ano non foi a excepción e ainda que non viñeron os das “preferentes”, tamén se fixo notar  que a poboación está descontenta cos politicos do PP. “A TI MEU CAMBADOS” estaba ali e foi testemuña presencial con centos de veciños como o pobo abuchea as autoridades que nos están levando a toda unha quebra do estado de dereito e das libertades. Poideron oir gritos como “MANOS ARRIBA ESTO ES UN ATRACO” , ou “FUERA, FUERA”.  A VOZ DE GALICIA ( mais ben “la voz de su amo”), Faro de Vigo e Diario de Arousa ou ben non estiveron ali, que si que estiveron, eu non queren dar importancia a novas que en realidade si a teñen.
Un sonriente Feijoo,  e o Conselleiro de Facenda, coa cobardía que os caracteriza, esperaban a porta do do Patio de Armas do Pazo de Fefiñans (outro feito que tampoco destacou a prensa), para o nomeamento de Cabaleiros e Donas, cun discurso lacrimoxeno e demagóxico falando das víctimas nun acto que non viña a conto.
Pero en fin queridos amigos, xa todos sabedes o que hai, e aqui tedes o video da vergoña:



Ningún comentario: