19 de ago. de 2013

AQUELES MARABILLOSOS ANOS

Esta foto deste equipo de fútbol chega as miñas mans gracias, precisamente a un dos seus protagonistas. El mesmo non sabia exactamente  de que ano era a foto, pero  non debe
estar moi lonxe dos anos 68, 69, ou 70.  A  foto foi realizada no Colexio Salesiano de Cambados, onde antigamente había dous pequenos campos de fútbol, e alí se trasladaban
a maioría das veces andando os nosos protagonistas para xogar contra algún equipo ben de Cambados, ou ben de propio Colexio Salesiano. Na foto xa hai, que nos conste,  dous xubilados Jorge Castiñeiras (Presidente do Xuven) e Egidio Varela (que foi durante mais de 25 anos Secretario do Xuven), tamén podemos ver o director de La Caixa Manolo Prado, a José Luís Iglesias ou José Angel Costa. Tamén podemos ver na foto a Benitiño Iglesias, Egidio o “Parrulo”, Paco  , que está Bilbao etc.  e outros mais que nunha especia de xogo de adiviñación vos deixamos a vos.
O que si vos podemos dicir é que eran tempos que non había un peso, non había ordenadores, non había móbiles, pero había relacións amigables e comunicación persoal, moita comunicación persoal do que adoecen hoxe en día os rapaces.
De todos eles o que mais lonxe chegou no fútbol foi José Luís Iglesias Lareu, que chegou a xogar noa categoría sénior do C.J. Cambados.  Todos eles deben estar na actualidade entre  os 55-57 anos.

Ningún comentario: