27 de ago. de 2013

AROUSA SI RADIO SALNÉS FAI MAÑÁ UN ESPECIAL SOBRE XIRONSA AS 16.00 H.

CON MOTIVO DO XI FESTIVAL ANUAL QUE A ASOCIACIÓN CELEBRA O VINDEIRO SÁBADO.
Mañá mércores a partires das 16 horas Arousa Si Radio Salnés a través das frecuencias 89.9, 101,7 ou 107.9 terá lugar un especial sobre a Asociación Cultural con enderezo social
nos antigos colexios de Corvillón:  “Xironsa”. O programa  contará cos  xa populares presentadores Carlos M. Vieites e Iria Sanjuan, e contará coa presencia nos estudos de Arousa Si Radio Salnés de distintos membros de  Xironsa  en especial da súa presidenta Esther Casaldarnos, quen desgranará o vasto programa que todos os cambadeses poderán gozar o vindeiro 31 de agosto a partires das 11 da mañá cun pasarrúas por toda a parroquia por parte do Grupo Xironsa.As 13 horas Sesión Vermouth que estará amenizada polo prestixioso cuarteto de gaiteiros, nacidos na seo da asociación “Bou de Bou”. As 14 horas Xantar Popular, rematado o xantar sobre ás 16 horas haberá xogos de animación amenizados pola “Cé Orquestra
Pantasma”. As 17 horas os afeccionadas as cartas gozarán co campionato de Escoba, o mesmo tempo que tamén se celebrarán xogos de de Rá Infantil e de Chave. As 17.30 horas Campionato de Verán de Billarda a continuación  máis xogos populares esta vez Carreiras de Sacos, Zancos, carrilana e tiro de corda. As 21 horas Festival Xironsa, a cargo de Xironsa e Tiruleque. As 23.30 horas mexiloada gratis, entrega de premios e sorteo dunha cesta. Rematando as 00.00 horas e ate que o corpo aguante coa sesión Dj “Disco Duendeneta”.
Xironsa e algo especial sobre todo para os “Xironxeiros”, son coma unha verdadeira familia, comparten penas, alegrías, e sobre todo comparten música e baile tradicional cuns Mestres que mais que Mestres son primeiros amigos, compañeiros e grandes persoas. 




Ningún comentario: