26 de ago. de 2013

A VOLTA PASOU “FUGAZMENTE” POR CAMBADOS

Este ano a Volta Ciclista a España deixou un sabor agridulce pois  non tivo a espectacularidade nin o brillo do ano pasado. Por certo o Alcalde Luis Aragunde ainda está sin decirlle os cambadeses a verdade do que se gastou na volta ciclista a
España do 2013,  mínimo gastaronse as seguintes cantidades: 
FACTURAS DO CONCELLO REFERENTE A   VOLTA  CICLISTA A ESPAÑA 2012
DATA FACTURA
CONCEPTO
IMPORTE
09/10/12
T. Claudio Rdz/Aluguer vallas volta ciclista
4623.83
09/10/12
Contidos e Mensaxes/Reportaxe fotografico Volta ciclista
1150.50
31/10/12
A. Piñeiro/ Area Logotipo As Goritas V. Ciclista
101.48
31/10/12
Restaurante Cambadés/Xantar organización Volta ciclista
430.00
06/11/12
Resturante Cambadés/Xantar Técnicos Volta Ciclista
134.65
23/11/12
O Noso Bar/Comidas Voluntarios Volta ciclista
655.00

TOTAL
7095.46

Esto é parte do que se gastou pero ainda hai moitos mais gastos. En troques Luis Aragunde, trampón profesional, dixo en sede plenaria que a volta saliralle gratis os cambadeses, como
vedes minte máis que fala o noso Alcalde, por certo un dos restaurantes concretamente “O noso Bar” é propiedade dunha concelleira do PP de Cambados, como vedes non se cortan un pelo a hora de darlle cartos os do seu partido.
A un dos nosos seguidores de facebook decia o seguinte sobre a volta do presente ano:
A " Vuelta" xa pasou... e non vin un euro dos millóns que prometeron... Si estiven pechado tres horas na miña casa sen poder saír... E gustaríame que alguén me dixese dúas verdades: 
1.- Canto nos vai custar esta LOUZANADA peperiana , pero custo real ( bateiña, publicidade, horas extra dos concellos... )
2.- Canto dese suposto diñeiro vai deixar...
AHHH... que unha RIQUEZA EN DIFERIDO... claro....
Ben criticas apartes aquí tesdes unha reportaxe do paso da Volta 2013 polo noso pobo: 
REPORTAXE GRAFICO DA VOLTA 2013 O SEU PASO POR CAMBADOS

1 comentario:

Manolo dixo...

Home,fugazmente pasou por todolos lados (corrían que nin dios) pero certo é que en cambados había pouca xente.