26 de ago. de 2013

ENTREVISTA A EVARISTO GONZÁlEZ

CAMBADÉS EXPERTO EN CETRARÍA 
´Félix Rodríguez de la Fuente influíu nos nos expertos en
cetraría de toda unha xeración ´
"A exhibición é a nosa principal faceta pero tamén é unha forma de practicar a cazaría e asistimos a concursos"
"Rapiñas do Salnés" é a única empresa da bisbarra dedicada ao mundo da cetraría. O seu promotor, Evaristo González púxoa en marcha fai agora cinco meses. Exposicións, exhibicións, charlas, concursos e caza con este tipo de aves é o campo de actuación deste experto en cetraría que leva levaba 14 anos ligado a esta actividade pero que agora se atreveu cunha iniciativa máis profesional para achegar á xente o que sempre foi a súa paixón.
- Que é "Rapiñas do Salnés"
- É un centro de cetraría a xeito de pequena empresa que creamos o pasado mes de marzo en Cambados.
- Mala época para aventurarse non?
-Si, con isto da crise os concellos, institucións e demais, todos dispoñen de menos diñeiro pero tratamos de adaptarnos ás circunstancias. Así, hai oito ou nove por unha exhibición de cetraría se cobraban 2.000 ou 3.000 euros, hoxe estamos moi lonxe desas cifras.
- Negocio ou paixón?
- Un pouco as dúas cousas. De todos os xeitos eu non vivo disto, senón que teño o meu traballo á marxe no mundo da construción, isto é só unha alternativa máis.
-Cando se iniciou vostede no mundo da cetraría?
- Cando era un adolescente con 13 ou 14 anos sentía xa unha gran paixón por este mundo, e iso que non había tradición ningunha na familia. Logo os documentais de Félix Rodríguez de la Fuente fixeron o resto. Con aquel "O Home e a Terra" Félix influíu moito, non só en min, senón en toda unha xeración de expertos en cetraría; el marcounos a moitos o camiño a seguir. Certo que logo, por motivos laborais, non puiden dispoñer de aves
ata hai 14 anos. Aí empecei de cheo neste mundo, mesmo ata hai uns meses fun secretario da Sociedade Galega de Cetraría que, precisamente, ten a súa sede en Cambados.
- Que actividades ofrecen "Rapiñas do Salnés"?
- Facemos exhibicións, charlas en colexios, centros de terceira idade? e tamén colaboramos de forma altruísta en actos benéficos. Ademais criamos este tipo de aves para a venda, e ofrecemos material ligado ao mundo da cetraría.
- Cantas aves posúe e de que especies?
- Neste momento, 26, se ben ás demostracións adoitamos levar 14 ou 16. Temos curuxas, aguias, azores, alemáns e finlandeses, bufo real europeo e bufo siberiano, este último a especie máis grande de bufos que existe? E tamén posuímos unha curuxa negra que é un dos dez exemplares que neste momento existe en España por canto se trata dun paxaro orixinario de África e que leva tan só 2-3 anos criándose en España en catividade. Son aves que empregamos para exhibicións, pero tamén para concursos e caza.
- Ou sexa que vostede á hora de cazar substitúe a escopeta pola ave?
- Si, a cetraría é, en realidade, unha modalidade de caza. Pódese cazar con escopeta,
con arco ou, no noso caso, con aves de rapina. O que acontece en Galicia é que dispoñemos de pouca caza para este tipo de paxaros, polo que cada vez que quero cazar, poñamos lebres, teño que ir a Toledo, Zamora ou Sevilla.
- Que tipo de animais se cazan con estas aves?
- Perdices, torcazas, lebres, coellos, pombas? Cada ave caza en función ao seu peso, isto é, segundo pese ela atrévese cunha presa ou outra. As femias son máis grandes que os machos, por iso son preferidas para esta función. No meu caso teño unha femia de aguia de Harris que caza sobre un quilo de peso e logo outra de azor finlandés que caza sobre 1,2
quilos, e pode chegar mesmo a lebres de 2,5 quilos.
- É complicado posuír unha destas aves?
- Non, calquera pode adquirila nun criadeiro, iso si, cada ave debe ter a súa documentación, a súa argola e con iso debe darse de alta en Medio. Nós temos algunhas, pero aquí preto dispoñemos dun dos maiores criadeiros de España que está en Curro, "ADevesa dás Rapinas", cuxo propietario ten un terreo grande cunhas 150 parellas de cría, entre eles aguias, voitres? É un profesional que vive disto.
- E de que prezos falamos ao referirnos a unha ave así?
- Varían. O máis barato adoita ser unha curuxa que pode roldar os 200 euros e, a partir de aí, ir subindo ata unha femia de azor finlandés que pode custar uns 1.600. Logo está o falcón gerifalte puro que é o
paxaro máis caro que existe e polo que poden chegar a pagar 20.000 euros. É a ave preferida polos árabes porque ten grande envergadura e moita forza para cazar, e os árabes que se moven neste mundo teñen un gran poder adquisitivo, de aí os prezos que se pagan por este tipo de falcón.
- E a alimentación?
- Todo carne, sobre todo a base de perdices, poliños e ratos.

Entrevista recollida en FARO DE VIGO.

Ningún comentario: