21 de ago. de 2013

“NOITE FECHADA” ANIMARÁ O ENTROIDO DE VERÁN DE CAMBADOS

O BAR BALOCA ADORNARA A SÚA TERRAZA CON MOTIVOS HAWAIANOS.
Xa está armada o sábado está todo listo para celebrar a “II Edición do Entroido de Verán”, e
estará amenizado nin máis nin menos que polo grupo de moda na Ria de Arousa, o grupo cambadés “NOITE FECHADA” o cal se presentaba cunha bagaxe de verán digna de encomio, sobre todo despois do éxito da festa Vikinga de Catoira.
A Comisión de Festas “FÓISENOS DAS MANS”, ten xa todo listo e preparado, e non só vai ser un entroido para maiores, senón tamén os cativos poderán gozar del,  xa que a partir das 19 horas haberá “cucañas”. E a partir das 22 horas empezará a festa con “NOITE FECHADA” como protagonistas.
BALOCA ADORNARÁ O SEU LOCAL E A SÚA TERRAZA CON MOTIVOS HAWAIANOS
Tal e como anuncia no seu facebook, o Bar Baloca  que está traballando de xeito maxistral para acadar clientes  vai adornar tanto o local como a súa terraza con motivos hawaianos, palmeiras, paraugas xigantes, en fin todo unha serie  de elementos que de seguro nos van  a trasladar a Hawai sen moverse de Cambados. Tamén nos di que haberá premios e agasallos para os mellores disfraces.
O mesmo tempo para o sábado que cara o concerto de Clave de Sol que vai sobre os anos sesenta e setenta e anunciado amplamente por este blog, Baloca tamén nos ánima xa o venres para ir disfrazados desta época.
TODOS BARES DA PRAZA ALFREDO BRAÑAS COLABORAN NO EVENTO
A iniciativa privada da Praza de Alfredo Brañas volve a funcionar  e todos colaboran no evento, aparte de Baloca colaboran tamén o  A Leria, Brothers, Penkito, Rif Rock. Iniciativa que dende este blog aplaudimos. 


Ningún comentario: