21 de ago. de 2013

VOLVE A "COLEAR O TEMA" DE “COMER DE BALDE” NOVAS XERACIÓNS

O PSOE PREGUNTARÁ NO VINDEIRO PLENO.
O PSOE de Cambados, ven de presentar no Rexistro de
Concello de Cambados unha serie de preguntas para que no vindeiro pleno e que o Alcalde conteste, o escrito é o seguinte: 
"""Dª FÁTIMA ABAL ROMA,  en calidade de Portavoz do PSdeG PSOE no Concello de Cambados, presenta, para ser contestadas no vindeiro Pleno, as seguintes preguntas:
     Respecto a Festa do Albariño
1. Algúns membros das Novas Xeracións do PP confirman que foron invitados ó Xantar do Albariño. En calidade de qué foi invitado este colectivo ó Xantar?
2. Ten coñecemento o equipo de goberno de que moita xente foi testemuña de cómo os limpadores do Paseo, cando baldeaban, botaban o lixo ó mar? Vai tomar o Concello alguna medida ó respecto?
3. Por qué non se colocaron algún contenedores de lixo nesta zona, sabendo de antemán que as papeleras son demasiado pequenas e nen sequera caben dúas botellas de Albariño?
4. Por qué algunas rúas de Cambados que están cheas de socavóns, ó redor da Praza de San Benito, permanecen totalmente a escuras nos días do Albariño? Non hai posibilidade de deixar a lo menos unha das farolas encendidas, para evitar accidentes dos viandantes?
5. Por qué houbo variacións nos horarios dos concertos con respecto ó programa de Festas que se celebraron na Praza de San Benito, unha vez pasados os días de luto oficial? (A variación dos horarios non foi como acostuma a ser porque empezaran máis tarde, senón que algún empezaron media hora antes do previsto)
6. Cal é o motivo polo que terrazas que se pagan durante todo o ano, na festa do Albariño, teñen que pagar de novo a terraza?   
7. Dou permiso o Concello para que rúas como a Rúa Ourense fose ocupada con mesas nas dúas aceras e incluso na carretera sen deixar apenas sitio para andar?
8. Por qué se permite a colocación de camións con bocadillos diante de bocaterías ou camións de xelados mesmo diante dos quioscos, perxudicando o comercio local que paga impostos todo o ano e que se podería ver beneficiado nestas festas se non lle plantasen a competencia mesmo diante da porta?"""
     Estamos seguros de que o Alcalde de Cambados vai faltar novamente o respeto a todos os cambadeses  e contestará a estes preguntas dentro de dous meses , no vindeiro pleno, o pobriño teñenlle que facer as respostas os seus asesores para eso cobran entre os tres 7.000 euros cada mes que saen dos petos de todos nos, Luisiño non da para máis.

Ningún comentario: