27 de ago. de 2013

O BNG DE CAMBADOS CARGA NO VINDEIRO PLENO CO SACO DE FEFIÑANS E POLOS RECORTES NAS BOLSAS DE ENSINO MUNICIPAIS.

O ALCALDE DE CAMBADOS LEVA DENDE O O 2010 SEN CONVOCAR O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL.
O BNG de Cambados ven de presentar dous escritos para o vindeiro pleno do xoves no que primeiramente pregunta polo Saco de Fefiñans, o BNG argumenta 
que na acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local que tivo lugar o pasado 20 de maio, nun dos puntos da citada acta aparecía a aprobación da primeira proposta de actuación da chamada Fase I do proxecto de recollida de vertidos no Saco de Fefiñáns; 
feito o razonamento anterior pregunta o BNG

1. Comezou a realización desta primeira obra de saneamento da Fase I deste proxecto? De non ser así; cando calcula o goberno municipal que comezará dita actuación e cando, aproximadamente, estará rematada?
2. Cal é a empresa adxudicataria para realizar esta obra?
3. Que rúas ou camiños comprende dita actuación?

O BNG, insiste   leva anos reiterando a importancia de axudar ás familias máis necesitadas nesta crise económica, polo que con motivo do comezo do vindeiro curso escolar, pide o Concello de Cambados amplíe a cantidade da partida destinada a bolsas de ensino e que, ademais, se inclúan nas convocatorias de axudas ao ensino, os ciclos formativos de grao medio (axudas para transporte), o ensino primario (material escolar e comedor), o ensino secundario e o bacharelato (material escolar)  e que a esta medida se lle dea a máxima divulgación entre as familias de Cambados, anpas e direccións de centros de ensino.

2.- O BNG pide tamén   que o concello de Cambados comece, co inicio do próximo curso escolar, a tramitación para a posta en marcha do Consello Escolar Municipal; proposta da moción presentada no seu momento polo BNG e aprobada por unanimidade no Pleno Ordinario do mes de decembro do ano 2010 pero que lamentablemente, a día de hoxe, segue sen estar constituído.

Fixedavos o grado de incumprimento,e  a deixadez a caradura de Luis Aragunde que non cumple nin o que o seu grpo vota nos plenos.

Ningún comentario: