-"O NIVEL DE FOROFISMO DA VOZ DE GALICIA POLA VOLTA CHEGA A A LÍMITES DE DELIRIO" -CARLOS BLANCO HUMORISTA-.
Onte foi un día desastroso para a Volta Ciclista a España que dende Vigo concluía en
Lobeira. Os problemas xa empezaron na propia liña de meta onde o rexedor vigués comparecía ante os medios na Alameda cando foi invitado polos organizadores da Volta a participar na saída. No seu percorrido polas Avenidas, varios concelleiros, parouse ante a zona de firmas de corredores, onde o speaker anunciou a presenza do alcalde e recordou as fazañas alpinas da concelleira Chus Lago. Minutos despois foi recibido por Javier Guillén, director da Volta, que o acompañou ata o lugar onde estaban o resto de autoridades. Alí estreitou a man de Ignacio López-Chaves e José Ramón Lete, e tras saudar a Louzán, este indicoulle que tiña que situarse fora do lugar no que se cortaría a cinta. O rexidor abandonou a zona e afastouse para poñerse no extremo da liña de saída durante o acto, no que tamén estaban presentes outros cargos do PP como José Manuel Figueroa (concelleiro en Vigo), o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, María José Bravo Bosch, Marta Igrexas, Javier Dourado, Alejandro Pérez e o subgobernador Antonio Coello.

"Díxome que o meu sitio era nunha esquina e actuou coma se fose o dono da Volta, do Porto e do país", dixo posteriormente Abel Caballero. "Quería rifa, é o del e eu non estaba disposto a discutir cun tipo ordinario e carente da máis mínima educación institucional, tivo un comportamento indigno e arrabalero", sinalou antes de aclarar que tanto nas saídas desde Vilanova de Arousa como desde Pontevedra "e no resto de cidades de España participan os alcaldes".
O proceder institucional vivido onte na liña de saída da Volta desde o Porto de Vigo é un bochornoso exemplo impropio de políticos que din representar a todos os cidadáns.
Que detrás da cinta inaugural haxa sitio para todos os representantes da Deputación, a Xunta, o Porto e o Goberno e que non o haxa para o da cidade resulta difícil de entender. Máis aínda cando o grandioso espectáculo pedía altura de miras e exemplo de deportividade.
Unha lamentable imaxe de Louzán, que por outra banda xa nos ten acostumados.
O resto da etapa foi un sinfín de caídas, un percorrido tolo ideado por mentes enfermas correndo perigo a integridade física dos ciclista, a curva do Preguntoiro en Vilaxoan foi un verdadeiro desastres, o da ponte da Illa, ciclistas da categoría de Alejandro Valverde e Purito, protestaron enerxicamente por facer pasar a volta por ese lugar , era de tolos, mentres un medio como A Voz, solo vía cousas boas nin unha lixeira critica. O propio humorista vilagarciá CARLOS BLANCO no seu facebook dicia textualmente: “ O nivel de forofismo informativo da Voz de Galicia pola Vuelta chega a limites de delirio. Talmente La Razón falando de Mariano Rajoy. Se no fondo isto ven sendo O PLAN LOUZÁN/MARSHALL para reactivá-la economía”.
Hai que facer unha etapa coa cabeza e nos cos petos como fai Louzán, fixo pasar a volta por sitios por onde non tiña que pasar pero calquera lle di algo o emperador de Ribadumia. Un entendido na materia dicía respecto a caída na Ponte da Illa: “Chapuza total de unipublic, terian que poñer vallas desde a saída da redonda.” En fin un desastre de etapa.
CAIDA NA PONTE DA ILLA:
CAIDA NA PONTE DA ILLA:
CAIDA EN VILAXOAN:
Ningún comentario:
Publicar un comentario