ANOVA QUERE FACER PUBLICA A FORMA DE XESTIONAR OS FONDOS PÚBLICOS POLO GOBERNO DO PP DE CAMBADOS QUE ESTA MOI LONXE DA AUSTERIDADE.
O Goberno do PP a través de varios medios de Comunicación, e ata dende a propia web
municipal, ven manifestando que os orzamentos son redactados tendo en conta e adaptándose a realidade económica que estamos a vivir, chegando a sinalar cos orzamentos están marcados pola política de austeridade, ademais de pedirnos un esforzo a cidadanía coa subida das distintas taxas e impostos que sufrimos tódolos veciños de Cambados, nesta época na que toca apertar o cinto.
![]() |
Colocan os seus amigos |
Pero dende Anova Cambados, queren facer publico a forma de xestionar os fondos públicos do Concello por parte do Goberno do PP, e coma estes fondos que son recadados grazas o esforzo de tódolos veciños para pagar o seus impostos, son utilizados por parte do Goberno do PP, para manexalos o
seu antollo, e ata a chegar a asumir débedas de terceiros nas que non se percibe nada a cambio, polo que nada ten que ver a forma de xestionar os recursos municipais coa Austeridade que tanto presumen.
![]() |
O emperador |
O Informe da Interventora Municipal do pasado 18 de outubro de 2012, o Concello de Cambados, a través do Alcalde do PP, Luis Aragunde, asumiu a débeda de Estación Náutica Rías Baixas, por importe de 6.326,66 €, débeda que mantiña este organismo coa Asociación de Estacións Náuticas de España, e que grazas a xestión do Goberno do PP, pasámola a asumir tódolos veciños de Cambados, pero como expón a
interventora municipal, tratase dunha asunción de débedas mediante un contrato irregular, e entre outros motivos polo que se informou a alcaldía coma irregular e que debería darlle vergoña os dirixentes do PP de Cambados, e que se está a asumir unha débeda dun terceiro, según palabras textuais da Interventora Municipal, na que se “…asume unha obriga sen contraprestación (non percibe nada a cambio), é dicir non é oneroso, dado que nin a Asociación de Estaciones Náuticas de España nin a Estación Náutica Rías Baixas asume ningunha obriga nin contraprestación…”, chegando a expoñer a Interventora Municipal no seu Informe, “…Desde outra perspectiva, e ao estar asumíndose unha débeda dun terceiro sen xustificar o motivo, estase producindo unha obriga unilateral cun terceiro sen ningún tipo de xustificación, co cal esta claro que estamos na asunción dunha obriga económica sen xustificación de ningún tipo. Esa saída de fondos que implica a obriga económica asumida non ten xustificación nin motivación e como non pode ser unha subvención, dado que non se cumpre os requisitos da lexislación de subvencións, estamos realmente nunha entrega de fondos, a través dun contrato de asunción de débedas de forma unilateral por un terceiro, que vai contra os principios esenciais da asunción dos gastos dos entes públicos” e afirmando con rotundidade o final do informe, “Os Concellos non poden asumir débedas dun terceiro, e menos de entidades privadas”.

Esta e a forma de aplicar a Austeridade por parte do Goberno do Partido Popular?
Por que temos que asumir unha débeda tódolos veciños de Cambados dun terceiro sen percibir nada a cambio?
Por que asina un contrato asumindo esta débeda o noso Alcalde en representación de tódolos veciños de Cambados, se non existe contraprestación algunha?
Estaría disposto a facerse cargo el persoalmente co seu patrimonio persoal da débeda xa que os veciños non vamos a percibir nada por esta obriga?
Dende Anova Cambados consideran que esta forma de actuar por parte do goberno do PP
en Cambados esta moi lonxe da Austeridade que tanto presumen e que según estes documentos queda claro que non se aplica, polo que se ven na obriga ante esta forma de actuar de facer públicos(Podes acceder a eles o final da nova), o contido integro da Conta Xeral dos Orzamentos do Exercicio 2012, que vai ser tramitada para a súa aprobación no próximo pleno do vindeiro Xoves 29 de Agosto, e que tódolos veciños teñen dereito a consultalas, e poderán ver tódolos informes da Interventora Municipal polas distintas irregularidades que se están a cometer por parte do Goberno do PP de Cambados, e que ocupan mais de 200 paxinas.

Para o Grupo Local de ANOVA Irmandade Nacionalista de Cambados non se pode seguir ignorando estas irregularidades, entenden que xa está ben desta situación. Estamos nun momento en que os cidadáns están cansos de ver todos os días
situacións de corrupción na política, de tratos de favor e como se manteñen determinados privilexios, polo que entenden que o PP non pode seguir a actuar así en Cambados. Non nos poden esixir esforzos a cidadanía aumentando ano tras ano a carga impositiva, a pesares da situación que estamos a sufrir e con moitos veciños do Concello de Cambados en situación de Desemprego e sen apenas recursos, mentres eles utilizan eses fondos para asumir obrigas de pago na que os veciños non temos ningún tipo de contraprestación nin percibimos nada a cambio, simplemente por que os nosos dirixentes queren asumir unha débeda dun terceiro. Non se pode esixir un esforzo a cidadanía nestes momentos por parte do Goberno de Cambados do PP mentres están actuando desta maneira cos fondos públicos, polo que consideran que esta forma de actuar os esta a desacreditar en futuras subidas de impostos, como farán dentro duns meses coa subida teórica do IPC.

Doutra banda Anova denuncia tamén hoxe na prensa local, aparece que a oposición vai solicitar no próximo pleno que se aumente a dotación para Becas no vindeiro exercicio, dende Anova Cambados entenden que non vale de nada ampliar a dotación si esta non se esgota, xa que no exercicio 2012 so se gastaron 2.250 € dos 7.000 € da dotación existente, de nada vale ampliar a dotación orzamentaria se non se gastan os cartos nela.
Preme para ver o BALANCE DE SITUACIÓN
Preme para ver os REPAROS DE INTERVENCIÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario