E A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADUMIA OFRECE UN CONCERTO DE MÚSICA LIXEIRA O DIA 6 DE SETEMBRO.
O sábado 7 de Setembro, é o primeiro día de festa no barrio mariñeiro de Santo Tome, no
concello de Cambados, en honor á Virxe da Valvanera dará inicio coas alboradas a cargo dun dos mellores grupos de gaitas da nosa vila e pese e elo os mais mozos, son nin mais nin menos que OS XEITOSIÑOS, Anxo, Roi, Miguel e Victor farán as delicias dos cambadeses cunha espectacular Alborada. Ás 12.00 horas terá lugar a misa na capela do Asilo, ás 22.00 horas poderase gozar coa verbena popular que terá lugar na escalinata de Santo Tomei e ás 00.00 horas realizarase a elección da Raíña e o Rei da Festa da Valvanera.

Domingo 8, a xornada comezará coas alboradas a cargo dun grupo de gaitas. Ás 12.30 horas se oficiará a misa solemne na capela do Asilo e ás 20.30 horas dará comezo a procesión. Entrada a noite a verbena popular na escalinata de Santo Tomei a partir das 22.00 horas poñerá punto final á festa deste ano.
Asemade o vindeiro seis de setembro a 21.30 horas a Banda Municipal de Ribadumia, nos fará gozar dun fenomenal concerto que terá lugar no Campo da Festa de Ribadumia (Praza da Carballeira fronte a Praza de Abastos) con temas de música lixeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario