28 de ago. de 2013

O INCENDIO DE OUBIÑA CAUSOU ALARMA ENTRE OS VECIÑOS

APROPIGA CRITICA A CAOS TOTAL DA CONSELLERIA DE MEDIO RURAL.
A prensa  informabanos  que o incendio forestal de Oubiña  calcinou unhas 3,8 hectáreas de monte arbolado na , xusto entre o polígono industrial de Sete Pías e un núcleo de vivendas. De
feito, algúns veciños axudaron nas tarefas de extinción ante o temor de que as chamas alcanzasen as súas propiedades, sobre todo, os propietarios dun par de casas que estaban a escasos metros e cuxos donos ata regáronas. 
O incendio comezou sobre as 23 horas e foi un particular o que alertó ao 112 Galicia da súa presenza. Ata o lugar trasladáronse efectivos dos bombeiros do Parque de Ribadumia, base que  está a uns metros de lugar e que se encargaron de deter o avance do lume máis próximo ao polígono, onde se viron ameazadas dúas naves industriais. Pola súa banda, os voluntarios de Protección Civil de Cambados afanáronse na zona máis próxima ao núcleo de vivendas pero grazas á súa rápida intervención non houbo que lamentar danos nos inmuebles. 
O dispositivo desenvolveuse durante máis de cinco horas e onte pola mañá aínda tiveron que acudir a refrescar a zona porque as chamas reaviváronse pero rápidamente controlouse. Nel tamén participaron membros de Protección Civil de Sanxenxo e brigadistas enviados pola Consellería do Medio Rural. 
Estímase que as chamas deste incendio calcinaron unhas 3,8 hectáreas do monte de Oubiña, arrasando, na súa maioría, eucaliptos. Na zona vivíronse momentos de tensión ante o temor de que o lume alcanzase a propiedades privadas.  O que non contaba esta prensa e o que ben a continuación.
CRITICAS Á CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Apropiga, ASOCIACIÓN QUE AGRUPA AOS PROFESIONAIS DO SERVIZO PÚBLICO DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTALES, mostrou este marte o seu "malestar" pola "falta de honestidade que observamos desde a Consellería nas súas manifestacións sobre a valoración do dispositivo despregado este verán". E sinala que as declaración da conselleira de Medio Rural e Pesca, "nas que descualifica as afirmacións de diferentes colectivos sociais e políticos sobre a irracionalidad do dispositivo", e nas que afirma que existe unha "coordinación fantástica" entre as brigadas municipais, da Xunta e os medios dispostos polo Goberno central "son un engano á opinión pública e pretenden ocultar unha realidade ben distinta". 

Apropiga critica especialmente a recuperación das brigadas municipais, que considera
¡¡¡INCOMPETENTE!!!
"ineficaces" e nas que "baixo un verniz de formalismo legal nas probas de acceso e constitución destas brigadas ocúltase unha verdadeira promoción de persoas por intereses familiares e políticos". Tamén recorda que "diante do fracaso da Consellería para completar as brigadas de reforzo polos concellos, decidiu recorrer á empresa pública Tragsa cando, inicialmente, non estaba contemplado no Pladiga". E denuncia tamén a actuación das brigadas helitransportadas da empresa Natutecnia, "a clara demostración de como se pode facer un lucrativo negocio dos incendios forestales"

O colectivo conclúe que "o modelo proposto pola Consellería de Medio Rural é inoperativo e desorganizado" e que "non ten en conta a experiencia dos profesionais". Demandan "a corrección desta clase de políticas por parte da Consellería para volver a un sistema único, profesionalizado e público" e afirman estar "fartos" de "recibir as enhorabuenas e o ánimo hipócrita do presidente da Xunta e da conselleira, cando son eles os que en nos precarizan e ignórannos". 

Ningún comentario: