29 de ago. de 2013

UNIÓNS AGRARIAS CRITICA O ACORDO DE PREZOS DA MESA DO VIÑO POR SER "UNHA IMPOSICIÓN DAS ADEGAS"

O sindicato Unións Agrarias reunirá as súas estructuras comarcais na Denominación Rías Baixas o vindeiro 6 de setembro para valorar unha resposta "á imposición unilateral dun prezo para as uvas por parte das adegas".
A negociación do prezo da uva na Denominación de Orixe Rías Baixas, popularmente coñecida como a Mesa do Viño,
rematou esta semana con acordo. Nesta reunión non estivo presente ningún representante
do Unións Agrarias, mais si houbo representación doutras forzas sindicais.
O Sindicato Labrego Galego valorou despois desta reunión que "todo o mundo é consciente do delicado momento económico, e ante a posibilidade dun mercado libre que faga tirar os prezos polo chan, acordouse apretar o cinto".
En concreto os adegueiros comprometéronse a pagar a un euro o kilo de uva, de entre 12,5 y 13 grados. Tratase dun pacto entre cabaleiros que as partes comprométense a respectar
pero que a normativa europea pola libre competencia prohíbe.
Dende Unións Agrarias sinalan que "cunha caída de prezo de máis dun 40% respecto de 2011 non se pode falar de negociación no prezo da uva senón de imposición sobre o traballo e a viabilidade dos produtores".
Nesta situación este sindicato "non ve posibilidade de acordo para esta vendima senón se actualizan os prezos razonablemente para que os viticultores poidan seguir mantendo a súa actividade".
NOVA RECOLLIDA DE PONTEVEDRA VIVA


Ningún comentario: