ARTEFACTOS É O NOME DA SUA INTERESANTE PAXINA WEB.
Suso Gómez e ún escultor cambadés que mistura coma ningén a pedra e os artefactos, esa
mistura de natureza e modernidade fai que a súa obra sexa moi puculiar. Suso Gómez leva moitos anos vinculado ó mundo da cultura, xa sexa como escultor, músico ou poeta. Na súa interpretación e espontaneidade radican os comezos de Artefactos.
![]() |
A súa derradeira obra |
Que mellor que o propio Suso Gómez para presentarse e definirse, así o fai na súa web “Artefactos”:
"""Nacín en Cambados o 31 de xaneiro do ano 1977. A arte que verdadeiramente me apaixonou nun principio foi a música e de certo que aínda sinto unha certa frustración ó non desenvolver esa faceta. Da mesma forma tamén me dediquei a escribir
poesía durante uns anos; ata cheguei a formar parte do efémero colectivo Sete Naos ata que dando tombos cheguei á escultura. O primeiro contacto coa pedra foi na escola taller A xuventude III. Estudaba un módulo de cantería e ó principio foi moi duro: apenas tiña forza para aguantar da ferramenta, e a radial dábame medo. Ata o mestre pensaba que non ía ser capaz de aguantar. Pouco a pouco funme acostumando e comecei a facer algunhas pezas, que puideron ser máis, pero debido a cuestións laborais non pasaron de dez. Un momento crucial foi cando comecei a estudar co mestre canteiro Manolo Rial. Nese intre comecei a apaixonarme máis coa escultura e a experimentar con outros materiais. Nesta páxina móstranse algúns dos meus traballos."""
![]() |
"O Elefante" |
Artefactos dende a orixe
![]() |
"Máquina dos porros" |
A idea de Artefactos xurdiu no momento no que atopaba realizando pezas con materiais de reciclaxe. A razón pola que comezou a traballar con este tipo de trebellos foi a súa situación de parado, xa que dispuña de abundante tempo libre. Decideu transformar a chatarra que tiña en diferentes pezas utilizando diferentes técnicas e ideas. O resultado foron unha serie de artefactos que poden evocar a animais imposibles.
Aconsellamos encarecidamente un paseo virtual pola súa obra na súa web http://www.susogomez.com/
VIDEO PRESENTACIÓN DE SUSO GOMEZ:
Información e fotos recollida de http://www.susogomez.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario