30 de ago. de 2013

REFLEXIÓN SOBRE A PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE FEFIÑANS

CONSEGUIRASE, SEGURO...
O que non saiba ver que a peonalización da Praza de Fefiñáns, ten vantaxes medioambientais, de patrimonio artístico-construido, de ecoturismo, económicos, hostaleiros, e un longo etcétera, ou padece cataratas (a operación é sinxela ...) ou que se faga mirar porque algo raro ten . Nestes días, a
cantidade de paseantes, o ambiente das terrazas e a "pax" acústica que se vive na rúa Real e máis en Fefiñáns, pide a berros que dunha vez, o Concello toma unha determinación: pechar a Praza drásticamente aos coches (e o Chu-Cu-Chú ben pode buscar acomodo noutro lugar, que os hai e ben sobrados). Sorte coa reivindicación !
MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ

Ningún comentario: