TAMÉN SE CELEBRARÁ O II CONCURSO DE ADORNOS DE BALCÓNS.
A Festa por excelencia do barrio cambadés de Triana e de todo Fefiñans xa ten o seu programa rematado. Esta ano a directiva quixo facer un programa moi completo dentro das
súas posibilidades económicas e abofé que o mesmo promete, e moito.
súas posibilidades económicas e abofé que o mesmo promete, e moito.
Así o 24 de setembro comezará o novenario na Igrexa Parroquial de Santa Mariña Dozo celebrándose ademais o día 2 de outubro unha misa por todos os defuntos a cargo da Comisión da Nosa Sra. Das Angustias. O día 5 de outubro pola mañá Alborada a cargo do grupo de música tradicional “VOLANDEIRA” e as 22.30 horas gran verbena amenizada polos dúos musicais Caché e Colores. Durante a mesma repartirase chocolate con rosca.
O domingo seis de outubro pola mañá Alborada a cargo do mesmo grupo de música tradicional: Volandeira. A partir das 13 h. Sesión Vermouth na rúa San Gregorio amenizada por grupos de música tradicional. As 18.30 h. Misa Solemne na Igrexa de San Benito cantada polo Coro Parroquial Infantil, a continuación procesión polos lugares de costume e ó rematar reparto de “Boliños Preñados” e concerto a cargo da Banda de Música de Castrelo.
A comisión organizadora despois do éxito acada na anterior edición repite por segundo ano consecutivo o II Concurso de Adornos de Balcóns, Ventás e Fachadas coas seguintes bases:
1º.- Participarán a partir dos 15 anos.
2º.- Anotaranse con Manolo e Carolina ata o 5 de outubro.
3º.- Non puntúan emblemas políticos nin deportivos.
4º.- Os adornos deberán estar expostos o día 6 de outubro a partir das 10 da mañá.
5º.- Só poderán participar aqueles balcóns que se atopen no percorrido e nos arredores.
6º.- A comisión reservase o dereito de admisión.
Os premios serán de 75 € para o primeiro , 50 € para o segundo e 25 € para o terceiro.
A Comisión agradece a colaboración de todos os veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario