2 de set. de 2013

O “INTOCABLE” QUE APADRIÑOU A LOUZÁN

Entre as bágoas dos seus veciños, un dos homes máis influentes dos populares en Pontevedra, desde os inicios da extinta AP, tivo que abandonar en 2001 a alcaldía de Ribadumia aínda que non así a política. Co cartel de presunto
contrabandista, Nené Barral resistiuse a deixar o Concello do seu pobo lanzándose a unha aventura como independente. Decepcionado pola reacción de moitos dirixentes do partido
que el  promocionara na política, presentouse ás seguintes eleccións municipais para enfrontarse á que fose a súa pupila, Salomé Pena, que herdara o bastón de mando de Barral cando este dimitiu. Entón Pena xa tiña outro padriño: Rafael Louzán, o que fose tenente de alcalde con Barral e entón xa vicepresidente da Deputación e do partido en Pontevedra. 
Louzán, agora líder dos populares na provincia e presidente do organismo provincial, debíalle toda a súa carreira política a Barral desde que, aínda vestindo pantalón curto, o alcalde colocouno como pícaro dos recados no concello e logo levantado a conserxe. A detención de Barral, un dos chamados intocables dentro do contrabando, puxo en albas a moitos políticos. O nome de Louzán aparecía no consello de administración dunha das empresas do exalcalde.
Louzán defendeuse dicindo que estivera “na sociedade sen decatarse”. Viuse obrigado a acudir ao notario para deixar constancia diso, aínda que si admitiu que fora socio do irmán de Barral. 
O capítulo de Nené como independente, co proceso aberto por contrabando, foi intenso e durou case 10 anos. En 2003 bateuse contra o que fose o seu partido e no fragor da batalla tivo que intervir a Xunta Electoral Central que confirmou a vitoria do PP por tres votos. En 2011 anuncio a súa retirada. Desde a trastienda política, asegura que garda episodios da súa vida que “farían tremer algúns ministerios” pero que se reserva para cando demostre a súa inocencia. 
UN ARTIGO DE ELISA LOIS, PERIODISTA DE "EL PAIS".

Ningún comentario: