28 de set. de 2013

A TVG REEMITE O PROGRAMA DE ALALA ADICADO A FAISCAS DE SOLOBEIRA

UNHA BONITA FORMA DE HOMENAXEAR O SEU MALOGRADO BOMBEIRO ERNESTO ABAL.
Alalá era un programa documental adicado á música tradicional galega, emitido pola
Televisión de Galicia. Este espazo semanal, que se emitia os martes a partir das 21:35 h., estaba dirixido por Senén Bernárdez Ferrán e presentado por Pilar García Rego e levaba emitidas 7 temporadas, sen que houbera unha cancelación oficial do programa, ate que foi retirada da parrilla pola actual dirección da cadea.
Os protagonistas do programa Alalá eran persoas, grupos ou asociacións que se adicaban á música tradicional ou folk galegas. Alalá mestura interpretacións musicais con fragmentos documentais sobre a vida cotiá dos protagonistas, o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música tradicional e o mundo.
Concretamente o 12/01/2010 e dentro da quinta tempada,  emitiase  este capitulo adicado a un grupo que está con letras de ouro dentro da música tradicional “FAISCAS DE SOLOBEIRA”. O grupo daquela estaba composto por  
Ramón Vázquez Acha (Chilro), Xaquín Xesteira Losada, Xosé Manuel Gómez Oubiña e o malogrado e inesquicible bombeiro Ernesto Abal González, quen desgrazadamente faleceria xustamente un ano despois víctima dun fatal accidente doméstico. O programa foi frabado nas populares festas de Santa Marta en Pontearnelas.
O programa reemitese este domingo 29 de setembro Ás 19.10 horas, unha maravillosa forma de lembrarse de Ernesto e homenaxealo.

Ningún comentario: