28 de set. de 2013

O ESCRITOR AFECCIONADO ALFONSO CORDAL PRESENTA A SUA OBRA.

O VENRES CATRO DE OUTUBRO NO RESTAURANTE "A TRAIÑA" EN FEFIÑANS.
O escritor afeccionado cambadés, trianero para mais señas, Alfonso Cordal invitanos  a asistir á presentación da sua obra escrita, composta por cinco títulos editados entre o 2012 e o 2013: 
Alfonso é moi afeccionado as monta-
xes fotográficas.
-Un canto ao kamasutra na festa do viño albariño (Unha historia erótica, baseada na festa do viño Albariño do 2011). 
-An Ode to Kamasutra in the Albariño wine festival (Version en ingles americano do título anterior). 
-O Kamasutra Galego 
-Nunca máis (a historia sobre as súas primeiras visitas ao hospital, e os posteriores 24 anos). 
-A fabula do elefante branco e outros versos (Poesías que fai á historia de España, desde a prehistoria ao 23 de febreiro de 1981, a súa infancia , e a Cambados). 
As obras están editadas e á venda polo Grupo Amazón. 
A presentación terá lugar o vindeiro venres 4 de outubro, ás 8:30 da tarde no Restaurante A Traiña, Cambados. Participará no acto a mestre e escritora Maribel Iglesias e colabora a Libreria Ramón Cabanillas.

Ningún comentario: