29 de set. de 2013

A ASOCIACIÓN OBRADOIRO VOLANDEIRA DE CAMBADOS ABRE A INSCRICIÓN PARA O CURSO 2013-2014.

O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O 30 DE OUTUBRO
A Asociación Obradoiro Volandeira creouse en Cambados no ano 2008 co afán de
recuperar no pobo de Cambados, música, baile e tradicións populares. Dende aquela veñen incrementando o seu número de socios e alumnos , e cada ano abren o curso para novas inscricións. Este ano xa está aberto con prazo determinado, ate o 30 de outubro.
Os que queiran inscribirse poden participar tanto en gaita como en percusión , actividades para as cales están determinadas para os luns a partires das 19.45 horas e tamén poden inscribirse  en baile e pandeireta, aquí as clases son os venres a partires das 18.30 horas. Tanto unhas como outras actividades desenrólanse no Colexio Público de Santo Tome, a onde podes acudir os días referidos para inscribirvos.


Ningún comentario: