30 de set. de 2013

O ALCALDE DE CAMBADOS MINTE DESCARADAMENTE SOBRE AS CONTRATACIÓNS

A  PRENSA DO RÉXIME FAILLE A “OLA”.
Hai un refrán que di que se colle máis pronto a un mentireiro que a un coxo. Que é un feito evidente que Luís Aragunde é un trampón sabeo todo Cambados, e que prensa do réxime mercada por Louzán e pola Xunta que lle fan a ola e un feito constatabel. Que o blog de Cambados do PP tamén minte e outro feito incontestábel, por certo un blog que acusou a este de mentir, foi retado publicamente e non fai capaz de dicir ningunha mentira,…así non se pode “Vivir en Cambados”. Por certo este blogueiro é acusado por unha persoa  de querer acadar o cargo de periodista no Concello de Vilanova que é do PP , pero dille a señora en cuestión: “Vésocho moi difícil por hai moito “pelotillero” solto a lista de espera". Así que leccións de ética as mínimas.
Dicia Luis Aragunde na prensa do réxime que non habia ningún militante entre os echufados. Facémosvos unha pregunta, dende a nosa ignorancia: Para ser directivo de Novas Xeracións de Cambados, hai que ser militante do PP?. Ben,  pois o outro día moita xente ou  veu visións ou estaba disfrazado,  ou viron o rapaz  da foto que se chama Gerardo Garcia Durán, membro da directiva de Novas Xeracións Cambados (a propia Voz de Galicia, nada sospeitosa de ser de esquerdas publicaba a nova directiva de Novas Xeracións Cambados o dia 30 de Abril de 2012 no que aparecía o seu nome),  vestido de empregado municipal concretamente do servizo de limpeza preto da paradas de taxis fronte a Mont Blanc. Facemos público o seu nome porque é un cargo institucional, pero hai mais nomes.  Quen minte é Luís Aragunde e  toda a túa "parafernalía" mediatica mercada cos cartos de todos
nos. Non tes vergoña Luís Aragunde, a sempre sacas a relucir unha rapaza do BNG que traballou en Exposalnés, pero si coño (con perdón) había traballando catro do PP (unha era filla dun exconcelleiro do PP e se queres decimoche  o nome) no mesmo intre que entreba ela e cun contrato de traballo legal. Por certo como lle  dis ti a oposición se o contrato fora ilegal leva o BNG os tribunaís. Pero por favor  Aragunde e demais tropa, non facer que digamos nomes de particulares da vosa corda porque caeríavos a cara de vergonza. Que hai enchufismo no Concello de Cambados, pois si e evidente que o hai dende dende o ano 1987.  
O compañeiro Xurxo Charlin de Anova Cambados, pero a titulo persoal di o respecto:  “Este Luís ten un morro, resulta que ten a xente con contratos temporais dende o 2001 para non ter que sacar a praza e ter enchufado a quen lle sae dos c…….., e ágora ven a falar de leis e dar exemplo, pero cando foi sacado a concurso algo en Cambados, xa non digo un emprego, se non unha obra, dende que Luís e alcalde???”
Conclusión: Luís tes mais morro que Carmen de Mairena.
Estráñavos despois  como profeisonais do periodismo poden falar de enchufismo no concello de Cambados se teñen familiares moi   directos enchufados traballando  no mesmo . Claro teñen que calar a boquiña e falar ben de Luís Aragunde. O mesmo que o do blog do PP.
Non imos ser nos os que saiamos en defensa do BNG, pero onte sábado aquí tedes o tratamento que lle deu a nova a Voz de Galicia, a nota de prensa de BNG que  era un folio, folio que resumiron en catro letras desfacendo o sentido da nota, pero iso era mellor non publicar nada.




Ningún comentario: