10 de set. de 2013

ACUDE Á MANIFESTACIÓN NACIONAL POLA SOBERANÍA DE GALIZA

O BNG do Salnés fai un chamamento a militantes e simpatizantes da comarca a participar na manifestación nacional  que baixo o lema " Por unha Patria Soberana" está convocada polo BNG para este domingo 15 de setembro, ás
12 h., desde a Alameda de Santiago de Compostela.
Como en outras mobilizacións animamos a todas as persoas da comarca ir detrás da nosa faixa con instrumentos e bandeiras. A cita será o domingo 15  ás 11.40 h. diante do café Azul que está ao entrar na zona vella desde a Alameda no inicio da rúa do Franco á dereita (a uns 50 metros do lugar no que se sitúa a cabeceira da manifestación.
ASEMBLEA INFORMATIVA DA PLATAFORMA DE EMIGRANTES RETORNADOS DO SALNÉS
A Plataforma de Emigrates Retornados do Salnés, que conta co apoio do BNG na comarca, celebrará o xoves 12 de setembro ás 20 h. no Auditorio Municipal de Vilagarcía, unha Asemblea Informativa sobre os requerimentos que están a recibir os emigrantes retornados por parte da Axencia Tributaria para que declaren as súas pensións que reciben do estranxeiro desde o ano 2008. Neste acto contarase coa presenza de Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego e Xosé Lois Leirós, afectado e membro da plataforma.
Nota de prensa facilitada polo BNG do Salnés.
Fotos:; Imaxes Google.

Ningún comentario: