(PRIMEIRA PARTE)
Xaquín Charlín: “Tiña que seguir como concelleiro. O BNG presionoume”
En Alza a voz Cambados quixemos empezar a nosa nova sección de entrevistas pulsando a opinión sobre os principais
temas de actualidade da nosa localidade dun ex concelleiro que coñece moi ben a rexión e aos seus políticos. Famoso durante días a nivel nacional por chamar á vicepresidenta do goberno “chochito de ouro”, Xaquín Charlín González se sincera neste primeiro encontro cara a cara e fala daquela polémica.
temas de actualidade da nosa localidade dun ex concelleiro que coñece moi ben a rexión e aos seus políticos. Famoso durante días a nivel nacional por chamar á vicepresidenta do goberno “chochito de ouro”, Xaquín Charlín González se sincera neste primeiro encontro cara a cara e fala daquela polémica.
-Fai uns meses vostede deixo a súa acta como concelleiro no Concello de cambados, arrepíntese a día de hoxe?
-Si que me arrepinto porque eu tiña que seguir como concelleiro. Si o Bloque (BNG) non estaba de acordo comigo tiñan que haberme deixado seguir como concelleiro liberado do grupo mixto.
-Renunciou por quentón?
-Renunciei presionado pola dirección de Santiago do BNG e porque me colleron de pardillo. Si soubese o que sei a día de hoxe de todo o tema que houbo con “chochito de ouro” non renunciaria. Quedariame como concelleiro do grupo mixto sen máis.
-Agora non pertence ao Bng nin milita no partido?
-Non. Agora estou totalmente retirado de política e creo que, soa moi forte, pero son un cadáver político.
-Vostede recibiu apoios de persoas próximas ata da pena do albariño do seu barrio, ?Triana?. De quen o estraño?
-Fáltoume o apoio do BNG tanto a nivel local como comarcal e nacional. Sabía que o PSOE e o PP íanme a criticar pero o que non pensaba era que a xente do meu propio partido fóseme a insultar. Unha deputada do BNG, Olaia Fernández, chamoume misóxino desde o parlamento nacional e non me coñece de nada. É certo que os apoios, no entanto, non me faltaron. Quedeime asustado. Teño mensaxes de xente do PP, do PSOE, de Anova e de militantes do BNG que non ocupan cargos políticos pero que me deron ánimos como outros colectivos e xente en particular. Había mulleres que me paraban pola rúa para darme bicos e dicirme que elas non se sentían ofendidas polas miñas palabras. Iso era o que me facía sentirme forte. O que máis me doía era recibir a crítica de xente do meu propio partido á que eu defendera tanto.
-Vostede ten un dos blogs máis visitados de Cambados? Que aportan estes portais?
-Eu tiven un guía fundamental nisto de internet, Óscar Pardo (Cambados TK), que foi o primeiro en Cambados que empezou a falar de política nun blog dando unha bocanada de aire fresco ao panorama porque non se coñecían moitas cousas neste pobo. Grazas aos blogs e a internet hai moitas cousas que doutra forma taparíanse.
-Vostede cesou no seu cargo pero hai xente que dixo que os represaliados franquistas merecían morrer e seguen de alcaldes?
-Aquí vese sempre a palla no ollo alleo pero nunca a viga no propio. O Alcalde de Valladolid falou dos “morritos” de Leire Pajín e todos sabemos perfectamente a que se refería e non dimitiu. O do de Baralla cos represaliados franquistas foi lamentable. Unha tal Paula Prado deputada do PP no parlamento de Galicia di que foi un exceso verbal pero resulta que ao día seguinte a este señor danlle un premio dunha asociación que se chamar Cara ao Sol e a min criticábanme a liña editorial. Esa muller non leu nunca a miña blog porque eu só me refería a Soraya como chochito de ouro, nunca faltei o respecto a ningunha muller nin na miña blog nin na miña vida persoal. Adoro ás mulleres e todo o mundo sábeo.
-Diga a verdade, aquilo que foi un quentón ou só foi unha sátira?
-Todo o mundo que me coñece sabe que procedo dunha comparsa que se chama “Unha Grande Chea” e si por algo se distinguía a banda era por utilizar o sarcasmo e a ironía, que ás veces gustaba e ás veces non. Esa filosofía era a que eu utilizaba porque en ningún momento pasoume pola cabeza que ese apelativo fose ferir a ningunha muller. Si eu pensase iso non o poria. Moita xente que coñece a comparsa entendeuno como unha simple graza.
-Gustouche ser portada do Xoves?
-Esa é unha das cousas das que máis orgulloso estou. Sempre seguín esa revista e teño gardada a edición desa semana.
-Din que agora é máis popular que cando foi concelleiro?
-Non. Iso foi un momento puntual e sempre llo dixen aos meus amigos e á miña familia, que a polémica duraría uns días. Agora está todo no esquecemento máis absoluto. Si sigo sendo coñecido é grazas ao blog e porque ás veces póñenme como exemplo dunha persoa que dimitiu, cousa que outros non fan.
Esta entrevista continuará cunha segunda parte mañá.
Entrevistador: Marcos Seren Portas de "ALZA LA VOZ CAMBADOS"
Ningún comentario:
Publicar un comentario