4 de set. de 2013

DOÑA CHONCHA , UNHA ADIANTADA DA SÚA ÉPOCA

DOU CLASE EN CAMBADOS CANDO COMEZABA A RODAR O CABANILLAS.
Estes dias caeu nas nosas mans unha fotografía desas que tanto lle gusta a Maribel Iglesias e que amablemente cedemos para  o seu blog de fotos antiguas de Cambados, unha foto ademais  con certificado de autentificación
"Doña Choncha, co seu pai (o señor do mostacho)
non sabemos quen é o cabaleiro do gorro.
Pois no seu reverso pon: “Fotografía sacada por Socorro Vidal en el Muelle de Cambados la tarde de 15 de julio de 1924”. Preguntando a varias persoas de certa idade dixeronos que a moza que está na fotografia é Dª Encarnación Fraga Padin “Doña Choncha”, que foi a que tivo a primeira farmacia de Fefiñans que estaba o lado da que hoxe é a “Esquina da Meiga”.  
Dª Choncha  que naceu en Cambados no ano  1908, e finou tamén na nosa vila no ano 2000. Foi como deciamos unha  muller adiantada o seu tempo.
Foron poucas as mulleres que participaron no Seminario de Estudos Galegos  e moi cativa a súa colaboración nas actividades da institución. As 12 socias activas están lonxe do dez por cento de mulleres que, contra 1936, estudaban na Universidade de Santiago. Se non era fácil para elas acceder aos estudos universitarios –incluso se tiñas un pai ilustrado, caso que relata María Tobío nas súas memorias–, moito máis difícil resultaba dedicarlle, ademais, tempo e traballo non remunerado a unha asociación científico-cultural. As que participaron nas actividades do Seminario fixérono durante os anos de estudantes universitarias –Carmen Sierra, Dolores Lorenzo, Amparo Arango, Encarnación Fraga, Pura Lorenzana e Carmen Rey– ou logo de rematar a carreira e conseguir un traballo –Luísa Cuesta, Josefa Iglesias Vilarelle, Sara Leirós ou
Celsa Pérez Moreiras. En calquera dos casos, o seu protagonismo no SEG non foi máis alá da publicación dun traballo ou dun libro. Aínda contando coa escaseza cuantitativa e cualitativa dos fondos documentais do Seminario, é significativo que só dúas, Pura Lorenzana e Carmen Rey, aparezan recollidas nas actas da institución como asistentes, en dúas ocasións, en febreiro e marzo de 1928, ás sesións semanais que realizou o SEG nos seus trece anos de vida. Tampouco houbo mulleres no Consello Director do Seminario, nin ditaron conferencias nas asembleas anuais extraordinarias e nos diferentes cursos que organizou a asociación. Hai que supoñer que cando menos si deberon asistir a estes actos e que colaboraron no traballo das seccións –Pura Lorenzana na de Prehistoria, Dolores
(Foto recollida do blog "Fotos antigas de Cambados")
Lorenzo, Encarnación Fraga e Amparo Arango na de Xeoquímica, e Celsa Pérez Moreiras en Bromatoloxía.
Tamén traballou a carón de Parga Pondal M.ª de la Encarnación Fraga Padín licenciada en Químicas e Farmacia e coautora, xunto a Parga, do traballo «Quimismo de la pepmatita litinífera de Goyás (Lalín)», realizado no Laboratorio de Xeoquímica do Instituto de Estudios Regionales da Universidade de Santiago, que foi creado co curso 1931-2 grazas ao liderado do reitor Alejandro Cadarso e posto en funcionamento polos socios do Seminario que exercían a docencia na Universidade. Encarnación Fraga Padín foi, ademais, membro da Sociedad Española de Física y Química, socia protectora do SEG e rematou montando unha farmacia en Cambados, onde ainda hoxe moita xente se lembra dela. Pero Doña Choncha, xa cunha idade considerabel deu clase de Matematicas no Instituto Ramón Cabanillas de Cambados aló por principios dos anos 70 cando comezaba a andar o Instituto. Como profesora era moi correcta e incluso activa, pois ainda lembramos aquela excursión a Madrid no ano 1974  no que acompañou a unha serie de elementos entre os que se encontraban un tal Chon, Benito Iglesias ou Egidio Varela. Unha muller entrañabel profesora e adiantada o seu tempo, como farmaceutica sempre axudou os mais necesitados e fiaballe medicamentos, e unha desas persoas que non estaria nada mal que lle puxeran unha rúa en Cambados..
(Parte do escrito foi recollido de http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=211Ç)

1 comentario:

Maribel Iglesias dixo...

Chon atopaches un tesouro, non sabía eu desta muller, mil grazas!