4 de set. de 2013

UNHA FINCA EN PLENO TRIANA (FEFIÑANS), VIVEIRO DE RATAS

Os Socialistas de Cambados denuncian a inacción do goberno municipal no caso das ratas, e móstranse preocupados polo risco para a saúde pública.
Os Socialistas enviaronos a seguinte nota:
"Varios meses despois de denunciar o estado de abandono de dúas fincas, o que deu
lugar á proliferación de ratas, e de instar ó concello a que tomara cartas no asunto, a agrupación que lidera Fátima Abal denuncia que todo segue absolutamente igual.
   Unha das parcelas, situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, trátase dunha finca deshabitada, situada en pleno centro de Cambados, e na cal a maleza e o lixo acumulado fan dela un caldo de cultivo para a aparición de roedores, que incluso saen á rúa en busca de alimento, causando graves trastornos ós veciños, que
incluso se queixaron ante o Concello sen que este tomara medida algunha ao respecto.
    A outra parcela cuxa situación denunciaron trátase dunha obra sen rematar dende fai anos, situada detrás da gasolinera da Cabana. Ó igual que na finca do centro, os roedores saen ás inmediacións atraídos polos contedores cercanos.
    Fátima Abal lembra que a principios de ano lle pedíu ao Concello que resolvese ésta
situación, xa fora esixíndolle aos donos da finca que cumprisen a sua obrigación de mantela en condicións axeitadas ou, en caso contrario asumindo o Concello os traballos de limpeza, facturándollos posteriormente a ditos propietarios.
   Sen embargo, os socialistas lamentan que non se levase a cabo ningunha das acción esixidas, e alertan de que o paso do tempo o único que fai é empeorar cada vez máis a situación, xa que a falta de hixiene pode dar lugar a consecuencias realmente graves para a saúde dos cidadáns.

A formación esixe que, dunha vez por todas, o Concello actúe e poña en marcha as medidas que se lle veñen reclamando dende fai xa demasiado tempo para erradicar dunha vez este problema tan grave."
Ata aqui a nota dos Socialistas cambadeses,  a quen se lle esqueceu denunciar  unha casa tamén de  ratas, pero estas doutra especie sita na propia Praza do Concello, e que levan nela dente o ano 1987.
Preguntamonos porque Luis Aragunde  non lle obriga os propietarios desta inmundicia que podedes ver nas fotografias a limpar este viviero de ratas, ao mellor outro dia dicimos a casa. 











Ningún comentario: