4 de set. de 2013

UNHA HOSTALEIRA DE CAMBADOS, DA UN PASO ADIANTE, E DEIXA A LUÍS ARAGUNDE COMO UN TRAMPÓN

O BNG PRESENTA UN ESCRITO APORTANDO  O SEGUNDO RECIBO POLO COBRO DA TERRAZA.
Unha veciña de Cambados, por fin unha persoa valente dentro da covardía que impera na maioría dos hostaleiros e xente en xeral  de Cambados, deu un paso adiante e demostra documentalmente que Luís Aragunde é un trampón. O BNG de Cambados ven de presentar un escrito no Concello manifestando que no pasado pleno o alcalde negou que foran certas as queixas dos hostaleiros da Avenida de Galiza  sobre o cobro, por parte do concello, dunha segunda taxa (xa aboan a cota anual por este concepto) por instalar terrazas durante a Festa do Albariño. 


Esta resposta do alcalde, á pregunta feita polo grupo socialista, ven recollida en diferentes medios de comunicación e semella que non convenceu aos afectado; razón pola cal  unha das hostaleiras obrigada a pagar a citada taxa, facilitoulle ao BNG un  recibo (achegamos fotocopia con este escrito onde constan nome e apelidos da interesada) de haber abonado a denunciada segunda taxa polo mesmo concepto, o que pon en dúbida que o señor alcalde
diga a verdade neste tema, polo que veñen de solicitar que a Alcaldía dea unha explicación sobre a veracidade da súa resposta sobre o cobro dunha segunda taxa por instalar terrazas durante a Festa do Albariño.
Nos incluso pensamos que o BNG debía de ir mais aló e pedir a inmediata dimisión do trampón Luís Aragunde ,  que xa non é a primeira vez que minte en sede plenaria sen rubor ningún. Definitivamente cambadeses temos unha alcalde que non ten vergoña que non dubida en mentir por salvar o seu cu.
Por certo é lamentable como a prensa do réxime dálle pulo a versión mentireira do Alcalde, non nos estrana o que cobran cada ano das arcas do concello tense que ver reflectida dalgún xeito.
E esperamos, senon así o denunciaremos,  que o Alcalde , vengativo como é cos que non son da súa corda ou o desafian, non tome medidas contra esta valente veciña que non dubidou en desenmascaralo.

Ningún comentario: