3 de set. de 2013

O MES DE AGOSTO DÉIXANOS TRES ACONTECEMENTOS ESPECTACULARES EN CAMBADOS

ORGANIZADOS POR ENTIDADES PRIVADAS TODOS ELES.
O mes de agosto foi cun tempo excepcional, pero aparte disto deixounos tres acontecementos queremos resaltar e darlle grazas os organizadores porque foron espectaculares: 
"O Loino"
1º.- O Concerto de “Los Cacikes” na Pastora. Todo un acerto da Directiva  da Comisión de Festas da Pastora, todo o mundo coincidía nunha cousa neste concerto: "Estiveron de 10”,  para moitos foi o mellor concerto do verán en Cambados e non estamos esaxerando. Aparte de darlle as grazas a Comisión de Festas da Pastora hai que darlle tamén os parabéns a persoa que cunha fe cega confiou neles e ese non é outro que José Luis Bugallo “O Loino” que foi quen de traelos o monte da Pastora.  
2º.- O Carnaval de Verán organizado polos bares da Praza de Alfredo Brañas, aquí neste evento témolle que dar os parabéns A Leria, Baloca, Brothers, Penkito e Rif Rock, unha noite espectacular cun non menos marabilloso concerto de “NOITE FECHADA”, aínda está a resoar na praza ese “Rajoy tírame dun collón”. E por suposto os xenuinos bailes dos Back Streetboys
3º.- O Festival Xironsa no Campo da Festa de Corvillón, que foi quen de reunir no Xantar do sábado nada mais e nada menos que a 260 persoas  quen gozaron durante o xantar de Ze Orquestra Fantasma quen fixo as delicias dos asistentes. Actividades durante todo o dia e xa a noite actuación de Tiruleque no gran palco  feito pola organización. E para rematar sesión discoteca ata altas horas da madrugada.
Tes eventos que marcaron un mes, tres eventos difíciles de esquecer para moitos de nos e que ogalla se repitan con mais éxito para o ano que ven. Grazas a todos.

Ningún comentario: