26 de set. de 2013

LUÍS ARAGUNDE VENDE FUME E A PRENSA DO RÉXIME TRAGA.

Estes días tivemos a sorte de ver na prensa do “réxime” como Luís Aragunde lle volvía a vender fume aos cambadeses. Dicíanos o noso alcalde  que a Cambados e Peñafiel lle ían conceder 87.000 euros. O obxectivo do
proxecto é o de organizar o festival denominado Música con D.O., a través do cal, e durante
unha quincena de días desenvolveranse concertos de diversos estilos de música, provenientes de comunidades fortemente vinculadas á cultura do viño. O Festival desenvolverase entre o 14 de xullo e o 3 de agosto de 2014. Vai casualidade  temos 43.500 euros para gastar en concertos neses espazo de tempo, espazo de tempo no que coinciden festas como  a patroa, santa margarita e o Albariño, esperemos que  ditos concertos non consistan en pagar as orquestras destas festas e algunha que outra actuación do Albariño, porque para moito mais non da. Así o denominar a este gran proxecto, parécenos cando menos non excesivo, senón ridículo.

Ningún comentario: