AS PRIMEIRAS MANIFESTACIÓNS DE DESEÑADORA CAMBADESA DESPOIS DO SEU ÉXITO.
Mónica Guillán e María Viqueira foron as gañadoras do certame de deseñadores noveis Mara Martín PONMONOVO, celebrado este venres no Recinto Ferial no marco da segunda xornada
da pasarela PONMO. Ambas seduciron ao xurado do concurso cunhas propostas arriscadas e innovadoras. Foron as elixidas entre os doce deseñadores seleccionados para participar na primeira edición deste certame.
A espectacular modelo cambadesa Sandrá Abal , terceira pola esquerda, causou sensación.
O premio á mellor microcolección, valorado en 900 euros, foi para Mónica Guillán, unha deseñadora nada en Cambados hai 27 anos. Presentou a concurso a súa última colección "All the queen's men" que nos levaba ata 1813 onde a maquinaria párase e permítenos tomar contacto cos seus amplos volumes e riqueza. A colección toma aspectos da inocencia de
Isabel II, raíña de España, e a reinterpreta adaptándoa ata o século XVI.
Isabel II, raíña de España, e a reinterpreta adaptándoa ata o século XVI.
Pola súa banda, o mellor estilismo do certamen foi, segundo o xurado, o que propuxo María Viqueira. Nada en Ordes (A Coruña) en 1988, é unha nova deseñadora que estivo vinculada ao mundo do téxtil desde que era unha nena pequena. Recibiu numerosos premios en certames e concursos de deseño, tamén coa súa última colección, "Al-Ándalus", unha colección de clara inspiración árabe. O seu premio está valorado en 200 euros.
Os outros dez deseñadores, que enamoraron ao público asistente a este segundo desfile de PONMO, foron Clara Beltrán, Óscar González, Irene Varela, Leyre Valente, Alberto Neves, Verónica Ouro, Érase que se era, Sandra Fonte, Alejandra Lorenzo e Charry Lamprea.
Mentres deliberaba o xurado, no que se atopaba Carla Royo-Villanova, princesa de Bulgaria, ofrecéronse dous desfiles adicionais a cargo de dúas firmas: "Nicanora", unha marca galega que crea tiradas limitadas e continuas de pezas, rescatando teas descatalogadas e botóns antigos en mercadiños, sempre con técnicas e cortes sinxelos; e "Krack", que mostrou os últimos deseños en zapatos desenvolvidos pola marca afincada en Pontevedra en colaboración con Tania Pardo.
Foi un bo peche para a segunda xornada de PONMO, que non iniciaba con bo pé. A choiva obrigaba a suspender o desfile previsto por establecementos de moda e complementos da rúa Rosalía de Castro. Mellor foron as cousas no showroom do evento, que abría as súas portas este venres por primeira vez. Numerosos curiosos achegáronse a ver as propostas da trintena de firmas españolas e galegas que participan nesta iniciativa.
ARTICO RECOLLIDO DE PONTEVEDRA VIVA
http://pontevedraviva.com/xeral/7414/monica-guillan-maria-viqueira-triunfadoras-certame-novos-desenadoras-ponmo/?lang=gl#/1
PRIMEIRAS E EXCLUSIVAS MANIFESTACIÓNS DE MÓNICA DESPOIS DO SEU ÉXITO:
"Grazas a Ponmo por esa pedazo pasarela na que nos deu a oportunidade de gozar apoiando así a moda dos mozos diseñadores españois,grazas ás persoas que de xeito desinteresado aportan o seu granito de area no día a día de MG,e grazas ao xurado por outorgarme o primeiro premio! Que ilusión!!! Mil bicos."
UN ANACO DO DESFILE DE MONICA
Ningún comentario:
Publicar un comentario