27 de set. de 2013

LOUZÁN PAGOU 300.000 EUROS EN CEAS, PUBLICIDADE E PROMOCIÓN NA VUELTA

A VOZ DE GALICIA ENTRE OS PERIODICOS MAIS FAVORECIDOS POLO CAUDILLO PROVINCIAL
Case a metade dos cartos foron para medios de comunicación e máis de 26.000 para ceas e caterings. Tamén se gastaron 5.324 euros nun vo fotográfico, 3.412 nun servizo de vídeo
ou 3.25 en recollida de materiais
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, botou a casa pola fiestra durante a pasada edición de La Vuelta. E que só para os gastos de publicidade, mercadotenia, promoción e comidas destinou máis de 296.000 euros. E iso sen contar o custe da famosa batea desde a que saíu a carreira  --que se fixo para a ocasión-- e o do patrocinio desta edición ciclista.

Segundo datos aos que tivo acceso Galicia Confidencial de fontes do organismo provincial,
Louzán destinou 134.990 euros en publicidade nos medios de comunicación tanto galegos como estatais. Nalgúns casos, como no Faro de vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia ou Diario de Pontevedra chegou a insertar varios anuncios consecutivos con ata catro partidas diferentes. Noutros, como o grupo Marca, Atlántico Diario ou o Diario de Arousa foron tres as partidas destinadas.
DIÑEIRO PARA TODOS OS GRANDES GRUPOS DE COMUNICACIÓN
Ademais, e a pesar de non ser xornais específicos da provincia de Pontevedra, a deputación elexiu para publicitarse a El Correo Gallego --cuxa difusión nesta provincia é case nula-- ou ao xornal coruñés La Voz de Galicia. Desta forma, todos os grandes grupos de comunicación galegos foron subvencionados xa que o grupo El Progreso controla o Diario de Pontevedra, o Grupo La Capital o Diario de Arousa e o grupo La Región o Atlántico Diario, ademais da CRTVG, a través da Radio Galega.

A institución provincial tamén asinou convenios publicitarios con grupos españois comoMarca de Unidad Editorial --que tamén edita El Mundo--, El País ou ABC. 

Sen embargo, outros medios con forte implantación na provincia e, mesmo, con máis lectores dixitais que algúns dos medios subvencionados como é o caso de Vigo al Minuto non foron tidos en conta nesta inversión publicitaria que pagan todos os pontevedreses.
MÁIS DE 26.000 EUROS EN COMIDA
Pero o que máis chama a atención dos gastos aos que tivo acceso GC son os de promoción
e comidas. Así, hai facturas de 6.000 euros no hotel da Toxa e no Hotel Rotilio, entre a Praia de Silgar e o porto deportivo de Sanxenxo só en ceas. E tamén máis de 20.500 euros en catering con produtos do Deza. 

O maior gasto desta partida foron os 50.000 euros que a deputación destinou á carreira cicloturista. Pero tamén destacan os 42.300 da sinalización especial para a carreira ou os case 33.000 da promoción de Únete á Volta.  Louzán tamén gastou 5.324 euros nun vo fotográfico, 3.412 nun servizo
de vídeo ou 3.25 en recollida de materiais.

Ademais, aparecen varios convenios con concellos dos que non se especifica importe económico, entre eles, o de Lalín, Vilagarcía, Baiona, Sanxenxo ou Vilanova, todos eles gobernados polo PPdeG. 
GASTOS
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Faro de Vigo 4.610,11, 6.000,  6.000  e 8.022,30 para a edición dixital. TOTAL: 24.632
Radio Galega 21.721,92 euros, 
El Correo Gallego 1.115, 6.352,50, 2.420 e 7.078,50 para a edición dixital  TOTAL 16.965
LA VOZ DE GALICIA 4.048, 2.066,68, 2.066,68 E 7.000 PARA A EDICIÓN DIXITAL  TOTAL: 15.512
Diario de Pontevedra 5.132,12, 2.169,55, 3.386,67 e 1.871 TOTAL: 12.558
Atlántico Diario 5.509,59, 3.509 e 2.783 TOTAL: 11.801
Diario de Arousa 1.960,20, 4.247,10 e 2.917,31 TOTAL: 9.124
Radio Marca 8.712 euros e Marca 6.050 e 1.844,04    TOTAL: 16.606
ABC 4.477
El País 3.726,80
TOTAL MEDIOS: 134.990 euros


COMIDAS
catering productos Deza 20.570
Cena na Toxa (saída) 3.000 euros
cena Hotel Rotilio (1ª etapa) 3.000
TOTAL: 26.570


VARIOS
Recollida materiais 3.025
Carrera cicloturista 50.000
Únete á Volta  32.999,12
Señalización 42.350
Vo fotográfico  5.324
Servizo de Vídeo 3.412,20

TOTAL DE TODA A PARTIDA: 296.140

NOVA RECOLLIDA ÍNTEGRAMENTE  EN GALICIA CONFIDENCIAL 

NOTA DO ADMINISTRADOR: AGORA ENTENDEDES A FAMOSA FRASE “MERCAR VONTADES”. NESO É UN ARTISTA RAFAEL LOUZÁN.

Ningún comentario: