27 de set. de 2013

LUÍS ARAGUNDE E RAFAEL LOUZÁN TEÑEN GRAN PARTE DE CULPA DA SITUACIÓN ACTUAL DO CLUB JUVENTUD CAMBADOS

POR PRIMEIRA VEZ NA  HISTORIA O C.J. CAMBADOS SEGURAMENTE NON SAIRÁ CON XUVENÍS.
O que pasa actualmente no Club Juventud  Cambados, podería dar para escribir horas e
horas, podían seguir tirándose os trastes na radio e outros medios de prensa, podían seguir os comentarios tanto dun lado como de outro nas redes sociais tal e como ben puxo de manifesto o blog “ALZA LA VOZ CAMBADOS” , pero isto está medianamente claro que non vai por bo camiño e que así non se solucionan os problemas do Cambados. Dende este blog ímonos mollar e sentimos previamente  se alguén non lle parece ben o que imos dicir, pero está no seu dereito de rebatelo neste mesmo blog se quixera.
1º.- Fai dous anos houbo un cambio de directiva, unha directiva que funcionaba organicamente coma un reloxo, a base ía de marabilla, equipo saneado, xogadores contentos pero faltaba algo moi importante axuda institucional e de parte da afección por cuestión claramente políticas entre outras cousas. A axuda non consiste só en dar unha pírrica subvención unha vez o ano.  Aragunde fixo unha serie de promesas cando o equipo ascendeu e non  cumpriu
ningunha. Por iso, entre outras cousas, a directiva anterior deixou  cando acabou o seu mandato.
2º.- A nova directiva empezou con novos bríos pero enseguida lle comezaron a faltar os apoios en todos sentidos, e o goteo de directivos foi constante ate que quedou practicamente  só o presidente e algún mais, perda de masa social, asistencia os campos etc. O goteo de directivos foi directamente proporcional a falta de apoio do concello de Cambados é concretamente de Luís Aragunde e aquí si ten parte da culpa Sergio,  por non denunciar a falta de apoio institucional , pero en parte é entendible a súa postura é difícil que un enfróntese o seu xefe, o final Sergio non deixa de ser un empregado municipal e un asalariado de Luís Aragunde . A axuda institucional  non consiste, diciamos anteriormente,  só  na pírrica subvencións en deixar as instalación
consiste en algo mais e o exemplo témolo claro en Cambados e que abordamos no seguinte punto.
3º.- Coincide este descenso popular do Cambados co incremento popular doutro equipo da vila pero en outro deporte o Xuven en baloncesto. Enténdasenos ben o que imos dicir, para nada estamos encontra do total apoio o Xuven, todo o contrario. Aquí Luís Aragunde e Rafael Louzán si se mollaron a tope ata conseguir varios patrocinadores para o equipo ademais de apoio económico e non só consistente na típica subvención anual que é igual a do C.J.Cambados, senón tamén abonándolle viaxes de fase  e outras axudas que nos parece fenomenal, canto mais se axude ao deporte mellor. Pero entón  hai que preguntarse porque non se apoia igualmente o C.J. Cambados e a outros equipos da vila?
4º.- O presidente da Deputación Rafael Louzán e outro dos grandes culpables, se queredes en menor medida,  da situación do Cambados, e explicámonos: Todos sabemos que unha poboación de 5.000 habitantes como é Ribadumia e moi difícil por non dicir imposible que manteña un equipo en Rexional Preferente con aspiracións claras de subir a terceira división  e cun equipo  carísimo así como un adestrador  dos mais caros da categoría, isto seria imposible si o presidente da Deputación Rafael Louzán, por certo veciño do lugar, non apoiara economicamente a este equipo. Por extensión se apoia a este equipo debería apoiar igualmente a todos da provincia e non é o caso.
5º.- A Oposición. Sabemos que hai  ou había un grupo  que valorou facerse cargo nun momento dado  do Cambados, ignoramos se a dia de hoxe seguen coa mesma teima. Seria moi doado se este grupo se fixera visible e Sergio cumprira o declarado a Faro de Vigo en data 6 de Agosto deste ano despois da asemblea xeral (que foi curioso poñer unha asemblea o domingo do Albariño)  “Vense a facer cada vez mais difícil e non descarto abandonar se aparece un relevo con ganas de traballar”. Se o grupo opositor non da a cara que é lexitimo,  e Sergio segue na súa decisión tamén  lexitima de continuar, pois quedarían dúas opcións:  esperar dous anos mais para que acabe o mandato de Sergio, pero entón sebe Deus como estaría o Cambados (non sabemos si mellor ou peor), ou que unha terceira parte dos socios pidan unha asemblea, acudan a mesma a metade mais un dos socios inscritos  e fáganlle unha “moción de censura” ó presidente actual.
6º.- O que non é de recibo é utilizar as redes sociais para criticar o club, sobre todo amparándose no anonimato tampouco é de recibo que alguén achegado o club insulte os xogadores do ano pasado polas redes sociais e en Radio Si Salnés, iso o único que fai e danar aínda mais a imaxe do club, porque queirades ou non o cariño dos cambadeses polo Cambados está hai hibernando coma un oso, pero en calquer momento pode e debe despertar.
7º.- Porque funciona perfectamente a base?. Pois está claro, pouco hai que dicir o respecto, porque hai un grupo humano moi bo, porque axudan moitos pais e xente  de xeito altruísta,  e nunha palabra, porque se buscan a vida. Por que non pasa o mesmo no Club Juventud Cambados. E aí a gran cuestión.
9.- Aquí non queremos cargar as tintas , nin como vedes no escrito ate o de agora, contra o
actual presidente, sabemos  que está a facer o posible para sacar adiante o equipo que traballa de arreo, acertada ou desacertadamente, que por certo ultimamente os resultados están sendo moi favorables, que seguro que fixo o que puido para poder sacar os xuvenís adiante que será a primeira vez na historia que pasa en Cambados se isto chega a ocorrer, pero está só moi só (agás algún apoio illado). As razóns desta soidade sabeas Sergio perfectamente,  é a súa opción contalas ou non. 
10.- Situación do campo de fútbol.- Moita xente di que Burgáns agás os primeiros anos, que había autobuses para subir, o que fixo foi afastar aos cambadeses do seu equipo, outros din que si o Cambados xogara no Pombal tiña mais xente. É discutíbel o que seria necesario
sen dúbida ningunha era a construción dunha grada no novo campo con costas o Sur se ven o fútbol outra vez para abaixo.  Richar o anterior presidente fixo un estudio técnico que presentou persoalmente a Luís Aragunde e que estará nos caixóns do concello, seguramente, no que propoñía que aproveitando os vestiarios que dividen os campos no Pombal, facer enriba unha cafetería, biblioteca, ludoteca, sala de informática, con amplas xanelas  e con visión para os dous campos que podería servir perfectamente como válvula económica para o club, ademais da construción da citada grada. Alí podían repasar os rapaces os seus deberes, mentres esperan para xogar ou polos pais para marchar, lugar de espazamento en fin unha gran e boa idea que está a durmir o sono dos xustos nun caixón do Concello de Cambados, simplemente porque a idea era de Richar. 
10.- Solución: en parte xa están dadas no punto 5. Onde non está a solución e lembrando o pasado e criticando o club nas redes sociais e medios de prensa,  pero coidamos que é urxente é necesaria unha mesa de debate, xuntanza, reunión, como queirades chamarlle, debidamente moderada onde estean representados, concello, deputación, actual directiva, directiva da base, socios, prensa local, asociación de empresarios e comerciantes e afeccionados e intentar sacar un club que este ano  cumpre nada mais e nada menos que medio século de vida e que dou moitas tardes de gloria a Cambados. Todos cambadeses  temos algo de culpa da situación actual do Club Juventud Cambados pero nunha lista de culpables Luís Aragunde , para nós, ocuparía o primeiro lugar. Luís pode ser lembrado en Cambados como o alcalde que fixo desaparecer o C.J. Cambados. Que bonito agasallo seria antes de rematar o ano para o club no seu seu cincuenta aniversario chegar a un acordo nesa hipotética reunión  e salvar ao Cambados, dunha probable desaparición. 
Entre todos podemos e debemos.
FOTOS: GOOGLE IMAXES E "ALZA LA VOZ CAMBADOS".


Ningún comentario: