QUE LUIS ARAGUNDE SEXA TRANSPARENTE, LEGAL E IGUAL CON TODOS OS CAMBADESES A HORA DE CONTRATAR XENTE PARA O CONCELLO.
MEMBROS DE NOVAS XERACIÓNS DE CAMBADOS
TRABALLANDO NO CONCELLO POLO MORRO MENTRAS OS XOVENES CON ESTUDOS E PREPARADOS TEÑEN QUE EMIGRAR A OUTROS PAISES.

O BNG de Cambados, ven de presentar un escrito por rexistro de entrada no que ven a pedir algo imposible a estas alturas da pelicula , que Luis Aragunde sexa legal, transparente e igual con todos os cambadeses, a propósito de empregar no concello a membros de NNXX de Cambados, OBNG di no escrito en cuestión que hai uns días un veciño de Cambados transmitiulle unha queixa que xa
escoitamos noutras ocasións, pois lamentábase de que no último Obradoiro de Emprego da Consellería de Traballo no cal o Concello contratou a 20 persoas, hai moitas delas relacionadas, dalgún xeito, co partido político ao que vostede pertence (PP) ou directamente coas xuventudes políticas do seu grupo (“Nuevas Generaciones”). Non é a primeira vez que veciños/as de Cambados transmiten publicamente as súas queixas sobre o favoritismo do concello por persoas afíns ao PP, á hora de contratar persoal. Tampouco é a primeira vez que o BNG se achega ao concello a coñecer a documentación presentada polos/as solicitantes, comprobando que as bases para concursar a estes postos dependen, sobre todo, da subxectividade na preselección e nas entrevistas realizadas polas teoricamente “Comisións de técnicos”. Comprenderá o Alcalde que nun momento onde 1 de cada 3 persoas do Salnés está no paro e onde conseguir un posto de traballo semella máis un milagre ca unha realidade, desde a Administración, neste caso o Concello, debería transmitírselle ao desesperado cidadán, a máxima transparencia na selección pública a un posto de traballo. Está claro que isto non se está a facer no concello de Cambados (tampouco se fixo na contratación das brigadas “anti-incendios”) polo que sería necesario comezar a por transparencia neste asunto para que os veciños e veciñas, actualmente en paro, non desesperen na súa procura e non perdan a confianza no Concello que vostede preside. O BNG defende que as contratacións de persoal deberían depender de criterios o máis obxectivos posibles evitando que as entrevistas sexan determinantes, como o de agora, na elección do persoal e, ademais, de haber “comisións avaliadoras”, deberían estar presentes, nelas, membros dos diferentes grupos políticos da corporación que velen pola limpeza do acto de selección do persoal, polo que solicitan:

1º.- Que aos concelleiros do noso grupo político se lle permita consultar os expedientes da contratación de persoal do último obradoiro de emprego.
2º.- Que de agora en diante, para calquera proceso selectivo de persoal no cal sexa creada unha comisión avaliadora, haxa nela presenza de representantes de todos os grupos políticos da corporación municipal.
O escándalo xa da rapaza de Novas Xeneracions de Cambados que presentou a gala do Albariño polo morro, vense a sumar agora este novo escándalo – enchufismo o que por certo xa nos ten acustumados Luis Aragunde.
Que nos quere dicir con isto Aragunde que para ter traballo no Concello de Cambados hai que ser de Novas Xeracións?. Pois si, tristemente si, Mentres mozos e mozas cambadeses preparados teñen que buscarse a vida noutros paises.
A ver si desta vez Bea Costa ( famosa peridoista por publicar a noticia de Chochito de Oro) publica a nova no seu periodico con nome a apelidos pois levase moi ben co asesor de prensa do concello e podelle facilitar os nomes e apelidos dos membros de Novas Xeracións de Cambados, que accederon polo morro a un posto de traballo.
FOTOS: GOOGLE IMAXES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario