9 de set. de 2013

NA HOMENAXE A RAFA PARTICIPARAN DIVERSAS ASOCIACIÓNS CAMBADESAS.

O VINDEIRO DOMINGO OS CAMBADESES TEMOS QUE AGRADECERLLE A RAFA O SEU TRABALLO.
A Agrupación socialista de Cambados xa ten ultimado a homenaxe o concelleiro socialista
falecido o ano pasado Rafael Blanco Guerreiro “Rafa”, inesquecible figura da política cambadesa. Entre outras asociacións van participar Motos vellas do Salnés, Ampa  A Pastora, Ampa Magariños, Inicie e a Escola Municipal de Música. 
Tres compañeiros, que aparte de compañeiros eran amigos de Rafa,  loarán a súa figura  e falaran das súas vivencias con Rafa, estas tres persoas son Domingo Tabuyo, Abel Losada e Marta Giraldez. Non dubidamos que a emoción brotará das súas verbas sobre todo nas de Domingo Tabuyo con quen compartiu moitas loitas en Cambados.
Aínda que non está determinado en que vai consistir a actuacións das asociacións non se descarta que proxecten vídeos, fotos, ou ofrezan actuacións musicais e incluso non se
descarta algunha alocución pola súa parte.
O mozo músico cambadés Ruben Iglesias animará o acto musicalmente con varias intervencións, e non se descartan outras asociacións.
Tamén foron repartidas invitacións a toda corporación municipal  e distintas entidades cambadesas.
Sabemos que somos un pobo agradecido, pero o domingo temos que demostralo  apoiando a familia de Rafa co nosa asistencia enchendo o Auditorio Municipal.




Ningún comentario: