9 de set. de 2013

O BNG DE CAMBADOS DEMANDA MEDIDAS PARA PALIAR OS DANOS CAUSADOS POLA VAGA DE LUMES E UNHA NOVA POLÍTICA CONTRA OS INCENDIOS

O XOVES ASEMBLEA  EN VILAGARCIA PARA INFORMAR OS EMIGRANTES RETORNADOS
Ordenar os espazos forestais, prevención dos incendios, control das terras agrarias, política de reactivación da actividade agraria e renuncia aos recortes nos servizos públicos, son
cuestións que axudarán a defender o noso país
Víctor Caamaño, portavoz do BNG presentou hoxe, no rexistro do concello, unha moción para 'demandar medidas para paliar os danos causados pola vaga de lumes e unha nova política forestal contra os incendios'.
O portavoz nacionalista manifestou ademais que 'ordenar os espazos forestais, desenvolver unha política de prevención de incendios, controlar as terras agrarias e aplicar unha política de reactivación da actividade socioeconómica neste campo, son factores importantes que o goberno galego debe atender.' Engadiu que 'renunciar aos recortes nos servizos públicos é fundamental para evitar, neste caso, a falta de medios para previr e extinguir incendios, debendo pular pola tecnificación e
profesionalización dos recursos.'
Víctor Caamaño, afirmou tamén que ' a Xunta de Galiza debe revisar de xeito inmediato o dispositivo de defensa contra incendios forestais e, conxuntamente co goberno do Estado, implementar de maneira urxente as medidas dirixidas a paliar os danos causados pola vaga de lumes e contribuír a súa extinción'.
Finalmente, o portavoz municipal do BNG, dixo que 'as axudas da Xunta e do Estado deben dirixirse ao restablecemento das infraestruturas públicas e privadas, cultivos e infraestruturas agrarias e levar a cabo actuacións para evitar a erosión do monte e os arrastres de terras a ríos e ao mar'.
(Fotos: Protección Civil Cambados).


Ningún comentario: