Concretamente o 12 de marzo de 2012, este blog denunciaba o lamentable estado no que se atopaba o lugar de Monterrei sito detrás da Pastora, e que está atravesado
por Sendeiro Natural. Diciamos tamén que antes era un lugar mítico, alí iamos xogar moitas tardes de verán no que parecía unha canteira abandonada, iamos cazar "lagartos arnaus", que daquela parecíannos pouco menos que caimáns, incluso temos xogado alí o fútbol, co paso do tempo e a chegada das novas tecnoloxías os mais rapaces practicamente non saben nin onde queda porque non se sae como saiamos antes "a aventura".

Hoxe pasamos por alí outra vez e atópase practicamente igual cheo de desfeitos de construción, o sendeiro practicamente nin se ve ca maleza, en definitiva un verdadeiro desastre. E agora viranos o noso alcalde dicindo que non hai cartos para limpar este marabilloso lugar, pero si en troque temos cartos para arruinar o concello pagando soldos de asesores inútiles que o único que fan é traballar para o partido. Para que facedes sendeiros se despois nos mantedes limpos, políticos de “baratillo”.
MONTERREI EN MARZO DO 2012
![]() |
MONTEREI CONVERTIDO NUN BASUREIRO 2012 |
MONTERREI EN MARZO DE 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario