8 de set. de 2013

ESPAÑA NON ESTÁ PARA UNHAS OLIMPÍADAS

Descoñecemos os motivos polos cales o Comité Olímpico eliminou as primeiras de cambio a candidatura de Madrid 2020 como sede olímpica, ocorrésenos unhas cantas:
Unha alcaldesa impresentable, un presidente do goberno bañado na corrupción, un pais case en quebra técnica,  un proxecto non críbel, que levan mais de oito anos baixando as
subvencións ao deporte afeccionado mentres lle perdoan débedas millonarias da seguridade social os clubs de fútbol, piraguistas que se teñen que pagar os viaxes ao
estranxeiro,   e en fin moitas outras que comentaron en multitude de foros, pero o que mais me chamou a atención e que a caverna "mediática" da dereita e os votantes do PP nas redes sociais dicían que os membros do Comité Olímpico, son todos uns corruptos que se deixar mercar polos demais con grandes agasallos e así funciona esta elección. E nos pensando friamente dicimos, pero si quen mais sabe de corrupción son os gobernantes españois, que nos queren dicir que en catro anos non souberon avisar a Barcenas e que mercara a metade mais un dos votos do Comité Olímpico, sabedes o que pase  e que estes "peperos" queren todos cartos para eles. Alegrámonos que non lle deran os xogos olímpicos o estado español, porque como o rescate da banca,  iámolo pagar outra vez os de sempre.  Que  non se escuden en que o Comité Olímpico son uns corruptos, porque niso os gobernantes españois son medalla de ouro e baten todos os "records" mundiais. España estará lista para unhas olimpiadas cando devolvan os cartos que roubaron todos os politicos corruptos.

Ningún comentario: