9 de set. de 2013

NACE UN MOVEMENTO DE MARISCADORES PARA ESIXIR ELECCIÓNS NAS CONFRARÍAS GALEGAS

CAMBADOS SOFRE UN PATRÓN MAIOR QUE NON MERECE.
A CONSELLERÍA DO MAR NÉGASE A CONVOCAR ELECCIÓNS.
Vos imaxinades por un momento que un concello, a xunta ou o estado pasaran os catros anos que sinala a lei para a lexislatura,  e non se celebraran eleccións, e ainda por riba a xestión fora nefasta. Pois isto é o que está a pasar nas confrarias.
Dora Nogueira
«A última vez que lle preguntamos á conselleira polas eleccións, nas confrarías, díxonos que se farían cando chegase ou momento.  Queren facelo todo tan perfecto que non ou dan feito nunca». As palabras son de Dora Nogueira, a presidenta das mariscadoras de Vilanova. Ela recoñece que se cansou de esperar. E que, de puro aburrimento, «xa non pido nada máis que que nos deixen traballar tranquilas. Xa irémonos apañando nós como poidamos», argumenta. Aínda así, é consciente de que non todo o mundo está tan canso. E de que na zona de Barbanza naceu un movemento orientado a forzar á Xunta a convocar uns comicios que, na maioría dos casos, levan anos de atraso.
Patrón Maior Portonovo
De momento, a batuta lévana as mariscadoras de Boiro. «A idea déunola a directora xeral de Mar que nos recibiu en Santiago: díxonos que ninguén mellor que nós para defender o noso e iso ímoslle a demostrar, que o defendemos con uñas e dentes», dicía  unha das artífices da campaña que se está orquestrando. Sinala esa mesma voz que os pósitos levan anos sen comicios, a maioría dos cabildos teñen os mandatos esgotados e esa falta de democracia está a derivar en auténticas guerras internas ou en que as entidades naveguen sen rumbo porque os seus xestores foron cansándose de levar o temón.
Conselleiro do Mar
A campaña empezou fai algún tempo. Pero as súas promotoras, as mariscadoras críticas de Boiro, non quixeron facela pública ata asegurarse os suficientes apoios. Primeiro contactaron con distintas agrupacións, confrarías, armadores e outras persoas vinculadas ao mar da comarca para ver se había exército para semellante guerra. E descubriron que todo o mundo as animaba; que hai moitas ganas de eleccións. Así que foron máis aló das terras barbancesas. Mantiveron contactos con xente de Pontevedra e Cambados déronse conta de que era necesario escenificar ese malestar reinante en moitas confrarías.
Van facer mobilizacións ata que a Xunta convoque as eleccións. 
MÁIS DUN ANO PARA FACER UN DECRETO
Susana Rodríguez Carballo
As eleccións nas confrarías galegas e entre elas a de Cambados,  atrasaranse sine die.  Dos prazos ofrecidos pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro despréndese que é máis que improbable que os comicios poidan celebrarse este ano. A preguntas do BNG na Comisión de Pesca do Parlamento fai mais dun ano, Susana Rodríguez Carballo explicou que a Consellería de Medio Rural e do Mar aínda está  a traballar no decreto que deberá regular o proceso e que aínda falta  un informe externo e enviar o texto á Intervención da Xunta. Unha vez que estes dous trámites estean resoltos, as eleccións poderían convocarse nun prazo máximo de seis meses, segundo Rodríguez Carballo. O nacionalista Bieito Lobeira advertiu que o atraso está a causar problemas e conflitos en moitos pósitos e acusou á Xunta de «incompetencia» e «falla de vontade política» por non ser capaz de liquidar unha situación que consideran que prexudica ao sector.
Benito González
ELECCIÓNS ANULADAS NA CONFRARIA DE CAMBADOS
Nas eleccións do 2004 do pósito cambadés sucedéronse unha serie de irregularidades que foron denunciadas ante a Consellería de Pesca, sen que dita autoridade (rexida naquel momento por López Veiga) fixera nada ó respecto. Ate isto, numerosos socios da confraría acudiron a Agamar para que defendese os seus dereitos ante o TSXG. Tanto este ente coma o Tribunal supremo dictaron un auto polo cal quedou demostrado o alto grao de manipulación, dependencia partidista e continua ilegalidade na que se desenvolveu o proceso electoral deste pósito.
Numerosos socios da Confraría de Pescadores de Cambados, a través dos servizos xurídicos de Agamar, solicitaron en varias ocasións  ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a execución das sentenzas ditadas tanto polo TSXG coma polo Tribunal Supremo, mediante as cales se anulaban as eleccións celebradas no ano 2004 en dito pósito. Nestas eleccións saíu elixido coma patrón maior Benito González Sineiro, actual Presidente das Confrarías de Pescadores de Galicia e Presidente da federación Nacional de Confraría de Pescadores en Madrid. Pódese dicir que Benito González está en precario na confradia de Cambados.
Por certo vos vichedes a algún medio de prensa do rexime (o tres de sempre mais teletinto) denunciar esta tema, verdade que non?. Chupan  de quen chupan.
Fotos: IMAXES GOOGLE.

2 comentarios:

Xermán Prieto dixo...

¿Canto tempo leva a Confradia de Portonovo sen ter eleccións?

MANUEL dixo...

Contestación para Xermán Prieto.Dende que entrou "cabesa torsida" no cabildo en Portonovo,quita e pón a quen quere... non fai falta eleccións... antes Gonzalo (a filla chegou de atadeira a alcaldesa, ¿ trepa?)agora Joselito ( o fillo na Xunta...cun currículum que te ca...)Portonovo , Cambados e algún que outro Pósito de Pescadores, levaron a reputación de estas entidades a un nivel que nadie podría nin soñar, corruptela (presunta)desidia e cazo é a tónica de uns elementos sen preparación e con unha dedicación exclusiva do seu bandullo. Fai moito tempo que deberían desaparecer as Cofradías pois son caldo de cultivo para políticuchos mequetréficos engreídos e sinvergonzas que teñen os mariñeiros da man de Deus ( que non debe existir vendo o que está a pasar no mar).