30 de set. de 2013

O ALCALDE DO GROVE INCITA VELADAMENTE O ENFRONTAMENTO ENTRE VECIÑOS

A PLATAFORMA ESTA PERPLEXA PERANTE AS MANIFESTACIÓNS DO ALCALDE MECO E CONTRAATACA CUNHA CUESTIÓN DE INCONSTITUCIONALIDADE. 
TAMÉN VAN EMPRENDER ACCIÓNS LEGAIS CONTRA FARO DE VIGO E A PERSOA QUE ASINABA A NOVA.
A nova publicada por Faro de Vigo o 29/09/13, aparte de estar asinada por unha persoa que mais ben parece un asalariado do PP que un periodista , é un verdadeiro brodio ademais dunha sarta de mentiras que o único que ven a provocar é o enfrontamento entre veciños, este periodista por chamarlle algo con artigos coma este queda descalificado como tal, pensabamos que o Faro de Vigo era máis serio. Trata de loar a figura do  Alcalde de O Grove( Ned Flanders)  e menosprezar a figura dunha loitadora como Katy Montesinos. O que decímaos no artigo de onte sobre a subvencións a  prensa, teñen a vontade mercada (Faro de Vigo recibiu da Xunta estes días a nada desprezable suma de 129.184 €). Estes días no Grove por parte de certas autoridades 
Alcalde de O Grove
e medios de prensa afíns estanse a oír cualificativos e vervos como “Cabecillas”, “Individuos”, “Mentes Pensantes”, “Alias”, “reventando”, “lideres de movimientos”, “Están al margen de la Ley” e outros que non vale a pena nomear só para descualificar a unha loitadora como Katy Montesinos e o armador José Manuel Barreiro. A propia Katy dicia no seu facebook que son adxectivos e cualificativos que lle recordan ao antigo réxime franquista e fascista español o mesmo tempo que lles lembraba, por se non o sabían que Franco morreu e parece que dende o PP o queren resucitar. Seguía dicindo a propia Katy que as mentiras e descualificativos sobran e se teñen argumentos suficientes para ver que o
A meca.
colectivo está equivocado que llos digan pero queda moi mal que vostedes, ""os servidores públicos"" mintan, descualifiquen e intenten enfrontamentos e ataques que rozan o insensato... non digan as cousas como realmente non son.. ninguén no sector é terrorista, nin delincuente, nin inimigo de ninguén, nin ameaza nin insulta.. os únicos insultos que estamos percibindo e as únicas ameazas "veladas" que estamos vendo son as que están postas na boca do representante máximo da corporación meca... , remataba dicindo Katy no se facebook, chamando a paz e tranquilidade no concello meco.
Os das preferentes manifestáronse no Albariño e non pasou absolutamente nada, a Festa do Marisco non lle pasaba nada se un colectivo, con toda a razón do mundo, quere facer unhas reivindicacións xustas perante unha administración inxusta.

Fredy
A PLATAFORMA ESTA PERPLEXA PERANTE AS MANIFESTACIÓNS DO ALCALDE MECO E CONTRAATACA CUNHA CUESTIÓN DE INCONSTITUCIONALIDADE
Hoxe recibimos unha nota da Plataforma da Legalización de Embarcación na que se nos dicía Dende que estaban perplexos perplexos ante as manifestacións realizadas polo
alcalde popular do Grove descualificando á este colectivo. “Por se aínda non se decatou o alcalde, na democracia temos o dereito de manifestación e así o imos a exercer mentres dure  toda a festa do marisco.”, din dende este colectivo.
Segue a dicir este colectivo que “Estas manifestacións intentando poñer en contra da plataforma de afectados pola regularización ao pobo do Grove, non lle van a servir para que cesemos de reclamar á administración que se paralice a inxustísima actual lei de regularización das embarcacións pesqueiras o cal ven a dicir que “PAGAS=REGULAS”.  Tamén nomear a total manipulación que esta facendo a Consellería de Pesca no tema da regularización o cal están mantendo no mesmo saco aos armadores que tiveron que reducir o "cabalaxe" da súa embarcación por non poder facer fronte aos desmesurados gastos e especulación que se esta facendo co "cabalaxe" e tonelaxe, e catalogando a súas embarcacións como si estiveran regularizadas cando a realidade é que reduciron a potencia, e ao mesmo tempo a súa seguridade no mar. Unha auténtica vergonza e irresponsabilidade por parte da administración.”
 Rematan a nota dicindo que “Seguiremos reclamando os nosos dereitos como socios e armadores, tanto na problemática da regularización coma na convocatoria de eleccións nas confrarías galegas e declaracións coma as que fixo o alcalde do Grove, se cabe aínda nos animan e nos dan máis forzas para seguir polo mesmo camiño, sexa onde sexa. E como se di aquí, quen non quere caldo pois dúas taxas.....”
Katy Montesinos
A PLATAFORMA VEN DE PUBLICAR ADEMAIS A SEGUINTE NOTA: 
"Ben, empezando a semana que dará comezo á 50 edición da festa do marisco, xa pedemos comunicar publicamente que reunida de urxencia no día de onte a plataforma de afectados pola regularización da frota pesqueira galega, en días vaise a interpoñer unha cuestión de anticonstitucionalidade no tribunal constitucional contra o acordo do grupo de goberno e sobre as ameazas e coaccións que por parte do tripartito do concello de o Grove se plasmaron nun medio de comunicación - edición Arousa.

O dereito á manifestación e concentración atópase recollido na constitución española. Non pode ser de ningún xeito que os señores e señoras do tripartito pretendan coaccionar ao sector que cumprindo tódolos requisitos legais de notificación e comunicación previa na
subdelegación do goberno en Pontevedra e establecidos na lei, pretendan acollerse a un dereito tan básico como o de concentrarse para reivindicar unha regularización digna da frota pesqueira e a convocatoria de eleccións nas confrarías de pescadores que levan a frieira de 6 anos paralizadas pola inaptitude dunha consellería do mar que non é capaz de elaborar un decreto dende o ano 2008.

Aparte acordouse por unanimidade proceder a interpoñer as accións legais oportunas tanto contra d. Miguel A. Pérez, alcalde de o Grove e contra tódolos membros do tripartito en cuxo nome actuou e falou o alcalde, así coma contra o medio de comunicación, e os responsables da información publicada toda vez que a mesma é ameazante, coacciónante, difamadora, tendenciosa e realizada coa máis mala fé posible, aparte de que é difamatoria e non é certa tal cal foi publicada en boca do alcalde en nome de todo o grupo de goberno.

Sentimos ter que chegar a estes extremos, pero o que non pode permitir a plataforma son nin ameazas, nin mentiras, nin coaccións nin moito menos descualificacións e manipulación...

Nin somos "cabecillas", nin individuos, nin minoría "aplastante", nin inimigos de ninguén...

Alguén pasou o punto de inflexión, alguén pensou que dúas páxinas de coaccións, mentiras e difamacións, ameazas veladas, e intentos de volver á sociedade meca en contra do sector e da plataforma, nos ía a facer dobregarnos no que por lei temos dereito a reivindicar.

Polo tanto, por primeira vez na historia da festa do marisco, temos un goberno que se vai a ter que enfrontar a unha cuestión anti-constitucional nos tribunais correspondentes, amén doutro tipo de accións xurídicas para que se repare o dano que quixeron facer. e gañouse a pulso este mérito.

Non vamos a ser nós quen entremos en descualificacións, pero dicir que, agora mais ca nunca, vaise seguir adiante coas concentracións solicitadas...

Non pode ser doutro xeito....
Grazas mil alcalde, goberno tripartito e medio de comunicación... grazassssss millllll por amosar a cara máis amarga i escura dos gobernantes democráticos que gobernan baixo os ditames do franquismo puro e duro e a cara máis rancia dun xornalismo caduco, tendencioso, manipulador, difamador, obtuso e "liante".. grazas mil por poñer a cada quen no seu lugar...

O sector lles agradece todo o esforzo e despregue mediático realizado...
Igualmente, vaise a presentar un escrito no consello local da muller / igualdade do concello de o Grove, do cal Catalina Montesinos "alias Katy" é membro suplente, e ten asistido nas últimas xuntanzas como representante de UGT, para que por parte do consello da muller se proceda a realizar por acordo un manifesto de reprobación contra o contido da noticia publicada, contra o alcalde de o Grove e os membros do grupo de goberno do tripartito, e contra o medio de comunicación en cuestión."



Ningún comentario: