30 de set. de 2013

OS SERVICIOS XURIDICOS DE AGAMAR INFORMAN QUE MAÑA ESTÁN CITADOS A DECLARAR NUMEROSAS TESTEMUÑAS

POLA QUERELLA QUE SE SEGUE EN SANTIAGO CONTRA BENITO GONZALEZ, PATRÓN MAIOR DA CONFRARIA DE CAMBADOS.
Os servizos xuridicos de Agamar, veñen de informar  mediante nota enviada a este blog que
mañá a partires das 9.30 horas, terá lugar a declaración dunha serie de testemuñas relacionadas co caso da querella presentada en Santiago polo Ministerio Fiscal contra Benito González Patrón Maior de Cambados. Entre os citados hai industriais do sector, empregados da confraria, menbros do cabildo, vixiantes etc. Polo que se prevee  unha mañan moi movida nos xulgados de Cambados. Declaran en Cambados por medio de exhorto remitido dende os referidos xulgados.
Lembremos que a Fiscalía de Santiago presentou unha querela criminal contra o presidente da Federación galega de confrarías de pescadores Benito González,  por presunto delito de malversación de caudais públicos. Benito González e amigo íntimo de Luis Aragunde, José Manuel Cores Touris e Rafael Louzán.
Agamar é quen inicia o proceso coa interposición dunha denuncia.
A contía presuntamente defraudada supera os 103.000 euros
O pasado 15 de novembro de 2011 a Asociación Galega de Mariscadoras/é (Agamar) presentou denuncia ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza con copia das contas anuais presentadas pola Federación galega de confrarías de pescadores de varios exercicios nos que viña reflectir a autopercepción por parte do seu presidente, Benito González Sineiro, da cantidade de 103.737,13 euros en concepto de retribución. 
Devandita remuneración está expresamente prohibida pola normativa galega que regula ás confrarías e as súas federacións provinciais e galegas ao proclamar o principio xeral da gratuidade, profesionalidade e austeridade no desempeño dos cargos representativos destas entidades, fóra de cobro de indemnizacións ou gastos concretos e detallados que deriven directamente do servizo.
Agamar esixira, previamente, da Consellería do Mar que investigase a esta Federación e ao seu presidente pola disposición de caudais públicos e retribucións dinerarias sen que ata a data haxa constancia nin da devolución do montante económico nin da apertura de expediente informativo algunha.

Ningún comentario: