12 de set. de 2013

O BAR BALOCA DE CAMBADOS ESTABLECE O QUE SE VAI CHAMAR “A HORA GALEGA”.

Como sabedes vimos falando dende fai algún tempo cousas moi boas deste bar de Cambados, sito na Praza de Alfredo Brañas e con todo merecemento. A derradeira actividade que se lle ocorreu foi organizar “ A HORA GALEGA”. Como nace
“ A HORA GALEGA”, pois o sábado pasado houbo un intento de reunión xuntanza de un
puñado de gaiteiros onde compartiron inquedanzas, pezas, risas, un pouco de barullo, licor café e cervexas.....
Este puñado de xente quedou de reunirse paulatinamente o último venres de cada mes na Praza Alfredo Brañas en Cambados para seguir compartindo, bebendo e facendo que a GAITA GALEGA ocupe un espazo propio no noso Concello!
Así que compañeiros gaiteiros, quedades convidados a próxima cita de Alfredo Brañas e o Bar Baloca  ca gaita galega,  o vindeiro venres 27 de setembro a partires das 22:30 h no que xa se quedou de  chamar “A HORA GALEGA”.

Ningún comentario: