12 de set. de 2013

O SÁBADO 1º TORNEO DE FÚTBOL BASE

ORGANIZADO POLOS MONITORES DO CAMBADOS
O vindeiro sábado 14 de setembro, a partires das 9.30 da mañá nos Campos de Fútbol do
Pombal, terá lugar o 1º Torneo de Fútbol base  que comprende as categorías de "Alevín", Benxamín, e Prebenxamin. O torneo está organizado polos Monitores da base, quen están a facer unha labor impresionante a prol do fútbol en Cambados, traballando como leóns para levar adiante un proxecto no que eles cren firmemente e estamos seguros de que van a triunfar.  No torneo participan equipos da categoría do Pontevedra, Arousa, Portonovo,  etc, ata dezaseis clubs van participar no evento que manter unha actividade frenética durante todo o vindeiro sábados nos campos do Pombal.



Ningún comentario: