3 de set. de 2013

O BNG REITERA QUE SE ADECENTE A BALAUSTRADA DA ESCALINATA DE SANTO TOME

O BNG de Cambados ven de presentar un escrito no Concello no que  expón que no mes de setembro do ano 2009, o BNG puxo en coñecemento deste concello, que
veciños e veciñas de San Tomé  comunicaran o mal estado no que se encontraba a
balaustrada (da “escalinata”) que hai diante do Pazo de Montesacro (actual Asilo de Anciáns no barrio de San Tomé). Estes últimos días novamente, veciños/as do lugar,  volven a trasladar a súa preocupación polo mal estado no que se encontra a citada balaustrada de pedra, presentando agretadas moitas das xuntas de cemento e incluso nalgunhas zonas chega a moverse ao apoiarse a xente nela, co conseguinte perigo que isto pode supor para as persoas que fagan uso dela nun momento, ademais, onde está próxima a celebración da Festa da Valvanera; datas nas que se achega moita xente ao lugar, polo que  solicita a formación nacionalista  que envíen, canto antes,  a un técnico municipal que valore as deficiencias desta balaustrada e que se realicen as actuacións necesarias para arranxala.

Ningún comentario: