3 de set. de 2013

MAÑAN MÉRCORES CONTINÚA O CURSO DE INICIACIÓN Á PANDEIRETA E PERCUSIÓN TRADICIONAL

NA PRAZA DA PEIXERIA DE VILAGARCÍA DE AROUSA
A partir de mañan mércores día 4, de 20:30 a 21:30 h., e tódolos mércores ata finalizar febreiro, na Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa, continúa o curso de iniciación á pandeireta e a percusión tradicional.

Este curso está organizado pola Asociación Pesdebarro e será impartido por Xose Lois Lucio.

Neste curso ofrecese unha primeira toma de contacto cos instrumentos e ritmos tradicionais, e está enfocado a persoas cun nivel baixo de coñecementos previos  sobre o tema. Inda que se fará fincapé nas cuestións mais xerais e teóricas, desde o primeiro dia os alumnos poderán executar pezas coa pandeireta, introducíndose nun repertorio musical axeitado ao nivel das aulas.

Neste curso farán unha introdución aos instrumentos de percusión da cultura popular galega, empezando pola pandeireta, e pasando polo pandeiro cadrado, pandeira...

Tamén asomaranos a outros instrumentos "pobres" da percusión: tarrañolas, culleres, cunchas, morteiro, botellas de anís... e algúns trebellos máis que poden aparecer pola cociña: se ao golpealos non rompen, pódese facer música...

As interesadas/os en participar neste curso de iniciación a pandeireta e percusión tradicional poden inscribirse, mañan durante o curso mesmo, no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com ou acudindo ao Liceo-Casino o luns ou o martes de 19:30 a 21:00 h.

O curso, terá un custe de 5 euros para socias/os e 8 euros non socias/os.

...se estás interesado/a aínda estás a tempo!!!


Ningún comentario: