COMUNICA ANTES UNHA AXUDA INSTITUCIONAL O PP DE SILLEDA QUE O SEU ALCALDE.
Os cambadeses xa sabemos da catadura moral do exalcalde de Cambados e mestre, dono e señor de Luis Aragunde, actual monicreque politico de Touris que goberna no noso pobo.
Pero noutros lares tamén o empezan a coñecer a este impresnetable da politica que o unico que sabe , e por certo dáselle moi ben, é amasar fortunas. O implicado no Pinal de Maza o impresentable Touris comunicase antes co PP que co Concello de Silleda, rexentado polo socialista Manuel Cuiña, dunha axuda para a feira da Bandeira. Cuiña trasladou á Xunta o seu malestar pola ´falta de respecto institucional´ mostrada polo ínclito Touris.
![]() |
Manuel Cuiña, Alcalde de Silleda. |
"Un delegado da Xunta, sexa da cor política que sexa, non pode saltarse así a unha institución e plegarse a intereses partidistas". É a reacción do alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, tras comprobar como o delegado do goberno autonómico en Pontevedra e investigado por supostas comisións nun xulgado de Arzua, José Manuel Cores Tourís, comunicou a concesión dunha subvención para a reforma do mercado tradicional e ambulante da Bandeira ao PP antes que ao goberno local. Unha actitude que cualifica de "lamentable e bochornosa", pola que xa
trasladou o seu malestar ao delegado e ao presidente, Alberto Núñez Feijóo, a través dunha misiva. O rexidor cre, tamén, que Cores Tourís debe pedir desculpas ao Concello.
trasladou o seu malestar ao delegado e ao presidente, Alberto Núñez Feijóo, a través dunha misiva. O rexidor cre, tamén, que Cores Tourís debe pedir desculpas ao Concello.
"Calquera que analice os feitos saberá que isto é, de xeito evidente, unha falta de respecto institucional", insiste o regidor, que esixe ao portavoz do PP local, José Luís Espiño -presente xunto ao edil Manuel Asorey no encontro con Cores Tourís-, que nos próximos días infórmelle sobre o estado da tramitación de todas as subvencións solicitadas e sen resolver. "Visto o poder que exerce ante a Administración Autonómica, voulle a solicitar que teña a ben concederme unha cita, como alcalde de Silleda, para explicarme o resultado, sospeitoso, nalgún caso, das resolucións", engade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario