6 de set. de 2013

O PINTOR CAMBADÉS LINO SILVA, HOSPITALIZADO

SUFRIU UN ACCIDENTE DOMÉSTICO
A artista cambadés Lino Silva, que conta con 63 anos de
idade foi hospitalizado no día de onte tras sufrir un grave accidente doméstico que lle
ocasionou lesións de diversa consideración polas cales tivo que ser hospitalizado no Hospital do Salnés, con prognóstico reservado, aínda que a súa vida no corre perigo, segundo nos informou un familiar do mesmo. Lino é o derradeiro artista bohemio do noso pobo el, como outros, non entende nin de tratantes de arte, nin de partidos políticos que o subvencionen, el entende a arte como a vida mesma, el fai as súas obras por simple interese artístico nunca pensando no interese crematístico ou político como fan outros. Esperamos unha pronta recuperación do artista cambadés e que pronto poidamos velo pola nosa vila. É o único ARTISTA con maiúsculas que temos no pobo.

Ningún comentario: