Dende Anova IN da comarca do Salnes queren invitar a todolos simpatizantes e militantes a I Romeria de verán que se vai celebrar o próximo Domingo 8 de Setembro na Illa de Arousa.
O máis importante, ter a oportunidade de pasar un día xuntos
todas as persoas que traballan e teñen ANOVA como o seu referente en política, e tamén coas súas familias. Queren que sexa tamén un día para compartir coas suas familias, e que vexan en primeira persoa eso que lles contan do bo ambiente e rollo que hai en ANOVA – Salnés.

Animadevos a participar, que é un moi bo xeito de acabar o verán e retomar o pulso da vida política que hai moito traballo que facer….
I Romaría de verán de ANOVA – O Salnés
Illa de Arousa – Domingo 8 de Setembro.
· 11.00 H.: Visita guiada ao Centro de Interpretación da Conserva da Illa de Arousa e ao muelle de pau (o punto de encontro e partida será diante do Edificio do Concello da Illa, na Rúa de Palmeira {ao outro lado do paseo do Cantiño})
· 12.00 H.: Proxección do documental “Doli, doli, doli…. coas conserveiras” sobre o
traballo das mulleres da conserveira Odosa, da Illa e a loita que levaron a cabo para conseguir o recoñecemento do tempo traballado.
traballo das mulleres da conserveira Odosa, da Illa e a loita que levaron a cabo para conseguir o recoñecemento do tempo traballado.
· 13.00 H.: Roteiro ata o Mirador do Santo (no Con do Forno), o punto máis alto da Illa.
· 14.30 H. COMIDA de confraternidade na Área de lecer da Praia Area da Secada.
Esta reservado un menú, na carpa do Chiringuito existente na propia área de lecer, por un prezo de 10 Euros persoa (Mexillóns; Empanada e Xamón asado con patacas fritidas e ensalada. Inclúe pan, refrescos e café [non postre]).
Ningún comentario:
Publicar un comentario